Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de diciembre de 2024

A cidade e as súas rúas contarán desde este venres con 3,6 millóns de luces de Nadal, 300.000 máis ca hai un ano

A Coruña contará cun mes de programación de Nadal espallada por todos os barrios e con actividades para todas as idades

Bea Lema, Premio Nacional do Cómic, foi a encargada de deseñar o cartel deste ano

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá o cartel e a programación de Nadal do Concello, que comezará este xoves 5 co acto de acendido das luces na praza de María Pita. A rexedora, que estivo acompañada do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, fixo público o cartel e a imaxe gráfica deste ano, obra da artista coruñesa Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024.

"Bea dálle o seu particular estilo, moi característico, á imaxe das nosas festas", apuntou Inés Rey, que desculpou a ausencia da artista, que se atopa nunha viaxe de traballo en México. "Para nós é unha honra contar con autores e autoras coruñesas para as nosas iniciativas, pois amosan o talento que temos na nosa cidade, todo un referente cultural a nivel nacional en diferentes eidos", engadiu Rey.

En canto á programación de Nadal, haberá un mes completo de actividades, desde este xoves 5 de decembro ata o sábado 5 de xaneiro, véspera de Reis, na que a tradicional cabalgata pechará os actos festivos. Este xoves, 5 de decembro, celebrarase o acto de acendido das luces de Nadal, que este ano terá lugar na praza de María Pita. Haberá, como é habitual, animación, que este ano estará a cargo de Peter Punk, e o tradicional concurso de debuxos desde as cinco da tarde. Ás 19.30 horas será o acto de acendido e, despois, actuarán Los Alcántara.

"Este ano é especial porque grazas ao esforzo e traballo deste Concello contaremos con moitos máis puntos de luz que o ano anterior", expuxo Inés Rey. Este Nadal haberá 3,6 millóns de luces led de baixo consumo, case 300.000 máis que no 2023. Tamén aumentan os arcos ata os 555, os farois pasan de 198 a 383, as árbores pasan de 53 do ano pasado a 80 este ano e sumaranse case 40 rúas máis iluminadas.

"Como dicía, durante un mes A Coruña respirará Nadal en todos os seus barrios e recunchos", sinalou Inés Rey. Este ano haberá atraccións nos xardíns de Méndez Núñez, así como a primeira Feira Artesá do Nadal, do 20 de decembro ao 5 de xaneiro.

Haberá espectáculos para todas as idades nos diferentes recintos culturais da cidade, con concertos e obras xa anunciadas, e outras propias desta época como os concertos de Nadal da Banda Municipal de Música e do coro e as orquestras nova e xuvenil da OSG. Tamén se desenvolverá o oitavo Galicia Magic Fest, que terá lugar no Teatro Colón os días 2 e 3 de xaneiro.

A programación, día a día, xa está dispoñible na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello. Como é habitual, non faltarán as actuacións dos corais da cidade, cuxas datas concretas serán anunciadas en próximos días, ademais do XXXIII Certame de Música do Nadal Cidade da Coruña, certame de corais que terá lugar no Palacio da Ópera o 23 de decembro.

Actividades para os máis pequenos, visitas de Papá Noel e os Reis e máis

A programación complétase cos campamentos de Nadal organizados polas áreas de Deportes e Benestar Social, que terán lugar nas instalacións deportivas municipais e nos centros cívicos. Ademais, haberá visitas de Papá Noel e dos Reis a diferentes centros cívicos, festas infantís e obradoiros nos mercados, cuxas datas e lugares anunciaranse nos vindeiros dúas.

Tamén estarán, un ano máis, en María Pita, tanto Papá Noel como os Reis Magos para recibir as cartas dos máis pequenos. E o venres 13 abriremos o Belén Municipal, que este ano suma a figura de Sito Sedes. "O que fora cantante de Los Satélites deixou unha fonda pegada en todos os coruñeses e por iso desde o Concello quixemos renderlle esta homenaxe", dixo a alcaldesa.

A programación complétase con actividades das mostras Hematocrítico Ilustrado e Viñetas desde o Atlántico, xornadas festivas no museo arqueolóxico de San Antón e no Castro de Elviña ou todas as actividades da Casa dos Xoguetes.

Documentos:

Programación completa (1 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión