Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2024

A Coruña, sede internacional da animación e os efectos visuais con "Mundos Digitales"

Hoxe finalizou a última xornada deste congreso internacional que xa vai pola súa 22ª edición. Entre os relatores destacaron o vicepresidente de Lucas Films Rob Bredow, o director de tecnoloxía de Technicolor Group Bill Polson ou o responsable do estudio El Ranchito, Manuel Ramírez

A Coruña despediu hoxe a 22ª edición de "Mundos Digitales", o Congreso Internacional da Animación, Efectos Visuais e Novos Medios, converténdose durante esta semana na sede internacional dun dos eventos máis destacados e esperados do mundo do audiovisual.

As instalacións de Palexco acolleron desde este pasado xoves a relatores de renome como o vicepresidente de Lucas Films Rob Bredow (proposto aos premios Óscar na categoría de 'Mellores efectos visuais' pola película 'Solo: A Star Wars Story'), o director de tecnoloxía de Technicolor Group (un dos grandes grupos internacionais de creación de contidos entre os que se inclúen os estudios MPC ou Mikros Animation), Bill Polson; o director do estudo El Ranchito Manuel Ramírez (creadores dos efectos especiais na película 'La sociedad de la nieve' de Juan Antonio Bayona), Jerome Denjean de Blur Studio; o responsable de 22DOGS VFX Enrico Martinis, o director de Core Animation Pedro Solís ou a Lead Level Designer de Merge Games, Cristina García, entre outros.

Conferencias, obradoiros, relatorios ou máster-classes impartidas por profesionais que traballan en proxectos internacionais de gran relevancia conformaron a ampla e variada programación desta 22ª edición de "Mundos Digitales".

A Intelixencia Artificial foi de novo a gran protagonista das xornadas, aínda que nesta ocasión compartiu espazo coa chegada das Producións Virtuais en tempo real para producións Broadcast, que cambiará por completo a forma de crear contidos e que supón a integración entre persoais reais e virtuais en rodaxe.

A maior feira de emprego do mundo

"Mundos Digitales" tamén contou este ano coa maior feira de emprego do sector na que estudantes e profesionais da animación e os efectos especiais, con capacidades reais nestes sectores, compartiron charlas, demostracións e encontros máis persoais para colaboracións futuras.

O desenvolvemento deste evento, con máis de dúas décadas de historia na Coruña, confirma un ano máis a relevancia da cidade no sector tecnolóxico, audiovisual e da animación, non só a nivel nacional senón tamén internacional.

O regreso de "Mundos Digitales" á Coruña forma parte da estratexia MICE impulsada desde o Concello, ideada para aproveitar o potencial da cidade para situarse como sede de grandes eventos, e abrindo camiño, ademais, ao plan de desestacionalización turística establecido polo Goberno de Inés Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión