6 de xullo de 2024
Hoxe finalizou a última xornada deste congreso internacional que xa vai pola súa 22ª edición. Entre os relatores destacaron o vicepresidente de Lucas Films Rob Bredow, o director de tecnoloxía de Technicolor Group Bill Polson ou o responsable do estudio El Ranchito, Manuel Ramírez
A Coruña despediu hoxe a 22ª edición de "Mundos Digitales", o Congreso Internacional da Animación, Efectos Visuais e Novos Medios, converténdose durante esta semana na sede internacional dun dos eventos máis destacados e esperados do mundo do audiovisual.
As instalacións de Palexco acolleron desde este pasado xoves a relatores de renome como o vicepresidente de Lucas Films Rob Bredow (proposto aos premios Óscar na categoría de 'Mellores efectos visuais' pola película 'Solo: A Star Wars Story'), o director de tecnoloxía de Technicolor Group (un dos grandes grupos internacionais de creación de contidos entre os que se inclúen os estudios MPC ou Mikros Animation), Bill Polson; o director do estudo El Ranchito Manuel Ramírez (creadores dos efectos especiais na película 'La sociedad de la nieve' de Juan Antonio Bayona), Jerome Denjean de Blur Studio; o responsable de 22DOGS VFX Enrico Martinis, o director de Core Animation Pedro Solís ou a Lead Level Designer de Merge Games, Cristina García, entre outros.
Conferencias, obradoiros, relatorios ou máster-classes impartidas por profesionais que traballan en proxectos internacionais de gran relevancia conformaron a ampla e variada programación desta 22ª edición de "Mundos Digitales".
A Intelixencia Artificial foi de novo a gran protagonista das xornadas, aínda que nesta ocasión compartiu espazo coa chegada das Producións Virtuais en tempo real para producións Broadcast, que cambiará por completo a forma de crear contidos e que supón a integración entre persoais reais e virtuais en rodaxe.
A maior feira de emprego do mundo
"Mundos Digitales" tamén contou este ano coa maior feira de emprego do sector na que estudantes e profesionais da animación e os efectos especiais, con capacidades reais nestes sectores, compartiron charlas, demostracións e encontros máis persoais para colaboracións futuras.
O desenvolvemento deste evento, con máis de dúas décadas de historia na Coruña, confirma un ano máis a relevancia da cidade no sector tecnolóxico, audiovisual e da animación, non só a nivel nacional senón tamén internacional.
O regreso de "Mundos Digitales" á Coruña forma parte da estratexia MICE impulsada desde o Concello, ideada para aproveitar o potencial da cidade para situarse como sede de grandes eventos, e abrindo camiño, ademais, ao plan de desestacionalización turística establecido polo Goberno de Inés Rey.
16 de xullo de 2024
12 de xullo de 2024
28 de xuño de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible