Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de agosto de 2024

A Festa da Fresa encherá o barrio de Eirís de actividades para todos os públicos o martes 20

A tradicional degustación será ás 19.00 horas na cúpula do parque de Eirís

O vindeiro martes 20 de agosto celebrarase, un ano máis, a Festa da Fresa, que está enmarcada dentro das Festas nos Barrios promovidas polo Goberno de Inés Rey para expandir o ocio a toda a cidade durante estas Festas de María Pita. Haberá numerosas actividades para todos os públicos durante a tarde e a noite.

A xornada comezará coa actuación dun grupo de baile e música tradicional ás 17.00 horas. Todas as actividades terán lugar na contorna da cúpula do parque de Eirís. Tamén ás 17.00 horas haberá un paseo guiado pola horta municipal baixo o nome de 'Leira das Freces'. 

Durante a xornada haberá dúas actuacións especiais para o público infantil que forman parte do programa Cascarillarte, das Festas de María Pita. A primeira será ás 18.00 horas, cando actuarán Títeres Micromina co seu espectáculo 'Raio The Loubican'. Ás 19.30 será a quenda de Maga Fani con 'Maxia Rebuldeira de Rúa'.

Ás 18.00 horas terá lugar o VII Torneo de Fútbol Festa da Fresa. Xogarán ás 18.00 o Eirís SD cadete fronto ao Liceo Monelos, ás 21.00 horas o Eiris SD feminino fronte ao Oseiro e ás 22.00 horas o Eirís SD absoluto fronte ao Liceo Monelos.

Ás 18.30 horas abrirase a exposición das fresas das colaboradoras e ás 19.00 horas será o prato forte da xornada coa degustación gratuíta de fresas na cúpula de Eirís. A xornada rematara cun concerto de Lidia Sueiro ás 21.30 e cunha verbena coa orquestra Foliada D'ases.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión