Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de setembro de 2024

A Romaría de Santa Margarida congregou a máis de 18.000 persoas para pechar as Festas de María Pita

Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo: “A Coruña é un referente na difusión e divulgación da música e o baile tradicional”

A Romaría de Santa Margarida congregou este ano a máis de 18.000 persoas durante as catro xornadas de actividades. O Goberno de Inés Rey apostou por revitalizar unha das celebracións máis antigas da cidade cunha xornada máis e diferentes novidades.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Catro, valorou esta mañá moi positivamente esta edición: "Houbo un aumento da asistencia aos diferentes eventos programados e a xente fíxose partícipe da programación". "Con esta celebración tan senlleira, queda claro que A Coruña é un referente na difusión e divulgación da música e o baile tradicional", indicou Castro.

A programación da Romaría de Santa Margarida ampliouse este ano cun día máis, o xoves, no que se celebrou o concerto de Rodrigo Cuevas e Pansenfron, para o cal se venderon as 3.000 entradas posta á venda. "A integración do concerto de Rodrigo Cuevas posiciona a Romaría e achégaa a novos públicos", dixo o concelleiro.

A Romaría de Santa Margarida contou coa participación activa das diferentes asociacións e entidades de música e baile tradicional galego da cidade, que levaron a cabo actuacións e obradoiros para todas as idades durante as xornadas do venres, sábado e domingo. "O Goberno de Inés Rey volve a amosar o seu compromiso con estas entidades, dándolles o protagonismo que merecen nunha cita histórica", indicou Gonzalo Castro. Nese sentido, a terceira edición da Gran Noite do Folclore foi a que maior asistencia acadou.

Ademais, a celebración contou con diferentes nomes propios dentro da programación musical. É o caso de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Startijenn, Xurxo Fernandes, De Ninghures, Tiruleque, Fetén Fetén, Maghúa, Pesdelan ou Caldo. Ademais, outra das novidades desta edición foi a celebración de dúas actuacións da banda Trilitrate no Planetario da Casa das Ciencias. Para a ocasión, empregouse o sistema de proxección deste espazo, renovado recentemente polo Goberno de Inés Rey, para acompañar con visuais a música do conxunto vigués. Outro dos actos centrais da Romaría foi a tradicional actuación da Banda Municipal de Música xunto con Cántigas da Terra, que reuniu a centos de persoas este domingo ao mediodía.

A Romaría de Santa Margarita potenciou tamén a súa vertente divulgativa e didáctica co Espazo Participativo, que se celebrou durante toda a xornada do sábado na explanada da Casa das Ciencias. Celebráronse distintos obradoiros de baile y música de diferentes niveis que tiveron un amplo seguemento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión