24 de abril de 2020
Enumeramos algunhas das iniciativas promovidas nos últimos días baixo o cancelo #corunaencasa
Nos últimos días, dende a Concellería de Educación deu a coñecer o "stop motion" que se lle dedicou ao alumnado do CEIP Curros Enríquez. E púxose á diposición dos usuarios a oferta da Escola de Conservación Superior e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Na última semana o programa Xaque ao Virus superou as 50.000 mil visitas e, en canto ao programa Itinerarios Virtuais, percorreuse a cidade da man de persoeiros coruñeses. Ademáis, como é habitual, coa Nosa Arte en Corentena presentouse a diferentes artistas, neste caso, a Manel Cráneo, Siro López, Víctor López e Jorge Llorca.
Doutra banda, comezou o dispositivo #NinguénAtrás co repartimento de tarefas ao alumnado solicitante do CEIP Rosalía de Castro.
Pola súa parte, o Concello lanzou a campaña #FacémoloPor para coñecer os motivos dos coruñeses e coruñesas para quedar na casa. Este vídeo amosa unhas cantas!
Nas demais canles municipais
O Servizo Municipal de Bibliotecas "mollouse polos libros" cunha campaña polo Día do Libro en que apostan polo acceso universal á cultura.
E o Centro Municipal de Información Xuvenial (CMIX) lanzou unha guía de recursos #EnRédateNaCasa en que atopar diferentes propostas para mover o corpo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible