15 de novembro de 2019
Para menores que naceron entre o 01/01/2007 e o 31/12/2015. A inscrición previa será os días 2, 3 e 4 de decembro.
A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña organiza os campamentos urbanos de Nadal 2019 para nenas e nenos.
Ofértanse un total de 540 prazas (35 grupos).
Tamén se ofertan 15 prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais ou discapacidade (en diante NEE), en grao que non lles impida participar nas actividades co resto do grupo.
A concellería resérvase ata o 20% do total das prazas para persoas procedentes de programas sociais.
No documento que se achega pódese descargar o tríptico informativo que contén un espazo para a inscrición previa.
CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL:
Dirixidos a: menores entre os 4 e os 12 anos (nacidas/os entre o ano 1/01/2007 e o 31/12/2015)
Lugar de realización dos campamentos: centros cívicos da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña
Datas de realización:
Decembro: días 23, 26, 27 e 30
Xaneiro: 2, 3 e 7
Horario do campamento:
De 10.00 a 14.00 h (horario xeral)
De 9.00 a 14.30 (horario ampliado). O horario ampliado realizarase nos sete centros cívicos seguintes:
- Castrillón
- Mesoiro
- Monelos
- Monte Alto
- Rosales
- San Diego
- Os Mallos
Cota de inscrición:
26 € por participante no horario xeral
32 € por participante no horario ampliado
Obxectivos específicos do campamento de Nadal:
Ofrecer un conxunto de actividades lúdicas, formativas e integradoras co ánimo de ocupar o tempo de lecer durante as vacacións escolares de quen participe.
Facilitar o desenvolvemento das habilidades sociais dos nenos e nenas, para que aprendan a relacionarse.
Fomentar a propia estima das persoas participantes.
Impulsar a comunicación e a iniciativa, capacitando os nenos e as nenas para a toma de decisións.
Traballar a igualdade de xénero nas actividades que realice quen participe
Ensinar a respectar a contorna máis inmediata da cidade onde viven.
Integrar nunha contorna normalizada a quen proveña de programas sociais.
Actividades de campamento:
A temática principal dos campamentos de Nadal 2019 será a ecoloxía e o medio ambiente.
Durante o Nadal temos moitos momentos con actividades especiais: ceas familiares, reunións, agasallos, decoración especial. Paradoxalmente, estas actividades festivas e de alegría poden contribuír a agravar os problemas do medio ambiente e ter un maior impacto no cambio climático, o que tamén pode repercutir no incremento da pobreza.
No campamento aprenderemos que coa nosa axuda podemos minimizar os problemas de contaminación ambiental nos principais recursos naturais como o aire, auga, chan, flora e fauna e que, se fomentamos o consumo sustentable de alimentos, auga e electricidade, contribuiremos para que tanto nós como as futuras xeracións poidamos seguir celebrando o Nadal que tanto nos gusta.
As actividades dos campamentos urbanos de Nadal teñen carácter grupal, respectando as individualidades de cada participante. Fomentan o traballo en equipo nun clima de cooperación, estimulan a curiosidade e a creatividade e provocan o diálogo e a interacción entre os nenos e nenas.
Nos campamentos de Nadal a metodoloxía é interactiva. Realizaranse xogos individuais e cooperativos, actividades lúdicas, artísticas, musicais etc.
En todas as xornadas dos campamentos de Nadal, dedicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.
Datas de inscrición previa:
Días 2, 3 e 4 de decembro
A solicitude de inscrición previa presentarase no centro cívico no que se quere acudir ao campamento.
Para os nenos e as nenas que soliciten praza de NEE, no mesmo centro cívico no que solicite praza, facilitarase unha ficha de coñecemento persoal que deberá entregarse cuberta no momento da inscrición previa. Esta ficha permitiralle ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención dos e das menores.
Horario de inscrición previa:
Mañás de 11.00 a 13.30 h
Tardes de 17.00 a 20.30 h
Lugar para formalizar a inscrición previa: centros cívicos municipais
Sorteo público: Dda 4 de decembro, martes, ás 20:35 h en cada centro cívico municipal
Os nenos e as nenas que soliciten algunha das prazas de NEE ou discapacidade terán unha numeración e un sorteo propio, que se desenvolverá o mesmo día e no mesmo horario que o sorteo xeral, no Centro Cívico municipal de Labañou.
Publicación de listas de admisións e de lista de espera: día 16 de decembro
As listaxes poderán consultarse nos centros cívicos municipais, na web da concellería e no teléfono de información cidadá 010.
Datas para a inscrición:
Días 17, 18, 19 de decembro
Horario de inscrición:
Mañás de 11.00 a 13:30 h
Tardes de 17.00 a 20:30 h
Lugar de inscrición: centros cívicos municipais
Non formalizar a inscrición no prazo e horarios establecidos supón a perda do dereito á praza.
Xestión da lista de espera: a partir do 20 de decembro
Os demais requisitos de participación e o resto da información pode consultarse na rede de centros cívicos municipais, no teléfono de información 010 e na web
NOTA: a empresa adxudicataria do contrato deste servizo é Serviplus Total.
19 de decembro de 2024
19 de decembro de 2024
19 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible