Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de agosto de 2024

Diana Navarro e a Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia pechan este xoves as actuacións no escenario de María Pita

O concerto, de entrada libre, comezará ás 21.00 horas

Tras tres intensas semanas cunha ampla e variada oferta musical, a Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia pechará os recitais da Semana Clásica e as actuacións musicais da praza de María Pita, dentro da programación das Festas de María Pita 2024. O Goberno de Inés Rey deseñou un programa para todo tipo de públicos e idades, pasando da música máis actual aos grandes clásicos.

Nesta ocasión, este xoves 22 a partir das 21.00 horas, a Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia contará coa actuación especial de Diana Navarro e baixo a dirección de Julio Awad. Diana Navarro é unha cantante, compositora e actriz malagueña, unha das grandes voces da música andaluza, con nove discos, catros Discos de Ouro e unha candidatura ao Grammy Latino.

O repertorio será o seguinte: "24 Rosas", "Adiós", "Campanera", "Desnuda vengo a ti", "El perdón", "Eres tú", "Los niños no", "Mare mía", "Menegilda", "Mira lo que te has perdido", "No te olvides de mí", "Ojos verdes", "Olivia Ovidia", "Sola" e "Tarántula". O concerto será de entrada gratuíta.

Con esta actuación concluirá a Semana Clásica, unha das seccións máis tradicionais das Festas de María Pita, que reúne cada ano ás principais orquestras e formacións de música clásica e contemporánea na praza de María Pita. Nesta edición, cada formación ofreceu un concerto especial: a Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu Coro interpretaron a Novena de Beethoven, a Banda Municipal de Música da Coruña ofreceu o espectáculo 'A noite das cancións extraordinarias', a Orquestra GAOS actuou con Abraham Cupeiro e a Orquestra de Cámara Galega fíxoo coa pianista Elisa D'Auria.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión