Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2024

A Orquestra Barceló e o Mago Román, protagonistas das festas de Novo Mesoiro, onde tamén terá lugar un concurso musical de bandas locais

Continúan as Festas de María Pita cunha ampla programación de celebracións nos barrios da cidade. En Novo Mesoiro, as actividades organizadas polo Concello terán lugar desde este venres e ata o luns 2

O Concello organiza as festas do barrio de Novo Mesoiro, nas que o Goberno de Inés Rey se implicará coa posta en marcha de diversas actividades entre este venres, 30 de agosto, e ata vindeiro luns 2.

A programación familiar de Cascarillarte será unha das grandes apostas nestas festas, co Mago Román como un dos protagonistas. Actuará este venres (18.00 horas) na contorna do parque infantil, seguido posteriormente por Pablo Díaz e as súas 'Novas vellas melodías'. Xa pola noite, a Orquestra Barceló porá a música a partir das 22.00 horas, con Mat DJ como encargado do peche da xornada, cunha actuación que comezará ás 01.00 horas.

O sábado 31, de 13.00 a 21.00 horas, terá lugar un concurso de música de bandas locais, no que participarán artistas e grupos como Juan de Nós, RockBuster, Roda Door, Spellvound, Revel Velvet, The Black Age, Crowded e Stoner Monster. Será, novamente, preto do parque infantil. Xa ás 22.00 horas, comezará unha noite electrónica con DJ's, protagonizada por Nautna, Liño, Hazmatz e Hoscspannung.

O domingo 1, ao mediodía, será o turno da Agrupación Folclórica Aturuxo, que interpretará unha ruada pola avenida de Novo Mesoiro a partir das 12.00 horas.

Cómpre lembrar que, en caso de choiva, as actividades previstas na contorna do parque infantil levaranse a cabo no centro cívico do barrio. Ademais, na zona da festa haberá comida a prezos populares e tamén atraccións para as crianzas. Neste sentido, o luns 2 será o Día do Neno precisamente nas atraccións.

Documentos:

Descarga aquí a programación das Festas de Novo Mesoiro 2024 (895 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión