Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2024

Ditame do xurado dos XXXVII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 16 de novembro no Concello da Coruña.

O xurado da XXXVII convocatoria do premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, reunido os días 28 e 29 de setembro de 2024, decidiu outorgarlles os Prismas de Bronce aos seguintes traballos:

Mellor traballo en vídeo: Cáncer, el legado de la evolución, capítulo do programa Quèqui, de Pere Renom e Ramón Balagué, producido por Minifilms i 3CAT.

Mellor traballo en novos medios: Science Media Center España, un proxecto de FECYT coordinado por Esperanza García e Laura Chaparro, e coa colaboración de Sergio Ferrer, Jesús Méndez e Tania Rabesandratana.

Mellor proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos: Del Ártico al Cantábrico, dos Servizos Informativos de EITB Media.

• Mellor artigos xornalístico: Desigualdad en la 'prueba del talón': milagro o pesadilla según el código postal, de Antonio Martínez Ron, publicado en ElDiario.es .

• Mellor traballo en radio: Tu cerebro es oro, ¿qué harás con él cuando mueras?, un podcast de Belén Remacha Ciutad.

• Mellor proxecto singular: Vagón de la ciencia, da Universitat Autònoma de Barcelona.

• Mellor libro editado: Neuronas para la emoción, editado por Shackleton Books, orixinal de Xurxo Mariño.

Ademais, o xurado decidiu outorgarlles o Prisma Especial do Xurado a Gema Revuelta e Vladimir de Semir, polos trinta anos do Máster en Comunicación Científica, Médica e Ambiental da UPF Barcelona School of Management.

Tamén se decidiu outorgar tres mencións honoríficas nas modalidades seguintes:

1. Mención en proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos á Triloxía Microalgas, de Xulia Pisón Egea.

2. Mención en artigo xornalístico a El año en que no se consiguió frenar la minería submarina, de Tania Alonso Cascallana.

3. Mención en traballo en radio a Océanos de calorde Mabel Montes Rama e Ramiro Santos Díaz para Atmosféricos de Radio Galega.

Os premios Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas e todos os profesionais que traballan neste campo. A entrega dos premios terá lugar nun acto que se realizará o sábado 16 de novembro na Coruña.

Composición do xurado

- Presidente: José María Montero Sandoval, xornalista en Canal Sur Televisión (RTVA)

- Almudena Martín Castro, divulgadora científica

- Laura Rodríguez García, xornalista científica

- María Cristina Naya Riveiro, vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte da UDC

- Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias, que actuou como secretario do xurado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión