Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2024

Gonzalo Castro destaca o potencial cultural da Coruña na presentación da programación escénica para todos os públicos de outono

O concelleiro presentou os programas Todo Público, Sen Numerar e Bebescena

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a programación de outono dos ciclos de artes escénicas para todos os públicos Bebescena, Sen Numerar e Todo Público. O edil estivo acompañado por Jacobo Sutil, director do Agadic, e Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro e coordinador dos programas.

"Un ano máis, o Goberno de Inés Rey leva a cabo un importante esforzo por traer algunhas das obras en pequeno e mediano formato mellor valoradas, froito do traballo de compañías cun gran prestixio local e nacional", sinalou o concelleiro durante o acto de presentación, no que se detallaron os tres programas, destinados ao público infantil e xuvenil. Castro destacou a colaboración da Xunta a través do Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. "A Coruña volve contar coa mellor e máis variada oferta de Galicia en artes escénicas, unha posición que tanto desde o Concello como desde Agadic temos claro que debemos manter, e neste outono así será, cunha programación de primeiro nivel pero, ademais, que busca a cercanía co espectador, coas familias e os máis pequenos, que polo tanto cumpre unha función de canteira moi relevante tanto para manter a actividade dos creadores e creadoras como para ampliar a base de público e xerar novos talentos", sinalou.

Todo Público é un ciclo de artes escénicas para público familiar que este outono ofrecerá cinco espectáculos para nenos e nenas de diferentes idades. Por outra banda, Sen Numerar é un ciclo de artes escénicas para público xuvenil e adulto, de espectáculos de pequeno e mediano formato próximos ao público. Por último, Bebescena é a proposta do Concello para o público infantil, de 0 a 3 anos, que este outono verá incrementada a súa programación con sete funcións. Todo Público e Sen Numerar terán lugar no Fórum Metropolitano, mentres que Bebescena desenvolverase no Ágora.

As entradas xa están á venda a través de Ataquilla e hai dispoñibles abonos familiares tanto en Todo Público como en Bebescena. O prezo da entrada é de 9 euros no ciclo Sen Numerar, de 6 euros no ciclo Todo Público e Bebescena. A programación completa pódese atopar na páxina web www.coruna.gal/cultura

Documentos:

Programa Todo Público outono 2024 (1 MB)

Programa Sen Numerar outono 2024 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión