12 de diciembre de 2024
As entradas sairán á venda este venres 13 ás 12.00 horas
O Concello da Coruña continúa ampliando a súa programación cultural e musical para o 2025 con propostas para todo tipo de públicos nos espazos municipais. Nesta ocasión, Morgan ofrecerá un concerto no Teatro Colón o vindeiro 5 de abril, dentro da súa nova xira nacional.
A formación regresa aos escenarios para presentar o seu cuarto traballo de estudio, titulado 'Hotel Morgan'. A banda madrileña levará a cabo actuacións en diferentes cidades nacionais e unha delas será na Coruña. As entradas para o seu concerto sairán á venda este venres, 13 de decembro, ás 12.00 horas a través de Ataquilla e os punto de venda físicos habituais.
O novo traballo de Morgan estrearase o vindeiro 31 de xaneiro en todas as plataformas. "O Goberno de Inés Rey estende a súa aposta por facer da Coruña o gran motor musical do noroeste con propostas para todos os estilos e públicos, levando outra actuación musical ao Teatro, nun formato máis reducido e íntimo", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Morgan gravou este disco no Ocean Sound Studio, un estudio de gravación situado en Aalesund (Noruega), baixo a produción de Martín García Duque. Este cuarto traballo, segundo a formación, crea un espazo temporal para esas novas cancións, que contan cadansúa propia historia.
6 de mayo de 2025
5 de mayo de 2025
25 de abril de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible