8 de abril de 2025
O vindeiro xoves 10 de abril, ás 18.30 horas, terá lugar o seguinte dos encontros. O terceiro dos 11 programados polo Concello ate o mes de xuño
O Centro Cívico dos Mallos acolleu esta tarde o segundo dos 11 Encontros de Barrio que o Goberno de Inés Rey pon en marcha no marco do estudo para a definición do novo modelo de autobús urbano. A sesión iniciouse coa presentación da alcaldesa, quen agradeceu ás persoas asistentes que se achegaran a participar.
"Este distrito está chamado a ser un dos máis decisivos en termos de mobilidade, pois a posta en marcha da Estación Intermodal mudará os fluxos de movemento do barrio tal e como os coñecemos agora", destacou a rexedora. A alcaldesa participou no encontro acompañada dos concelleiros José Manuel Lage, Noemí Díaz e Montserrat Paz.
En total, máis de medio cento de persoas participaron no encontro, que contou cunha presentación por parte do equipo técnico do estudo do transporte urbano e unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.
Peticións e suxerencias
O distrito 4 conta con aproximadamente 37.132 habitantes articúlase en 13 liñas de autobús urbano (4, 5, 6, 6A, 11, 12, 12A, 14, 20, 22, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 32 paradas.
Durante o encontro, púxose de manifesto o interese polo proceso participativo, xa que máis do 60% eran do distrito 4. Ademais, o 46% das persoas asistentes declararon acudir a título persoal, fronte a un 26% que representaban entidades asociativas e un 18% a iniciativa empresarial.
A enquisa tamén permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados -e tamén os máis criticados- polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Nunha escala do 0 ao 10, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 7,5 puntos, seguidos da accesibilidade (4,9) e das liñas e paradas (4,6) e as marquesiñas (4,5). Pola contra, os aspectos que recibiron unha valoración máis baixa foron a intermodalidade (3,6) e a frecuencia dos servizos (3,2), evidenciando puntos febles relevantes que urxen ser abordados no novo modelo de transporte.
Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora a frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 28% das persoas participantes, seguida da intermodalidade con outros medios de transporte (18%) e a adaptación de liñas aos barrios e novos puntos de interese (18%). A accesibilidade e os prezos foron as cuestións sinaladas como non prioritarias a mellorar.
Próximos encontros
O vindeiro xoves 10 de abril, ás 18.30 horas, terá lugar o seguinte dos encontros. O terceiro dos 11 programados polo Concello ate o mes de xuño, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña. O calendario previsto é este:
As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón.
Tamén che pode interesar
10 de abril de 2025
2 de abril de 2025
24 de marzo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible