Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

2 de abril de 2025

Preto do 27% das mensaxes solicitan unha mellora na conexión cos hospitais, sendo o tema máis repetido xunto coa ampliación do autobús nocturno e a conexión co barrio de Xuxán

O Concello recibiu un total de 160 achegas no buzón de suxestións sobre o autobús dende que se habilitou

Na súa primeira quincena de uso, máis dun cento de persoas trasladaron propostas para o futuro da rede no correo participabus@coruna.gal

O Concello da Coruña recibiu un total de 161 mensaxes a través do buzón de suxestións habilitado no marco do estudo para a definición do novo modelo de autobús urbano, como parte do proceso participativo posto en marcha para implicar á cidadanía no deseño da futura rede de transporte. En só dúas semanas de funcionamento, máis de cen persoas utilizaron o correo participabus@coruna.gal para facer chegar as súas propostas.

"Nos correos recibidos, moitas das mensaxes inclúen máis dunha achega concreta, o que pon de manifesto o interese e a reflexión da veciñanza sobre a mobilidade urbana" sinalou a alcaldesa. En canto aos temas máis recorrentes, preto do 27% das mensaxes solicitan unha mellora na conexión cos hospitais sendo o tema máis repetido xunto coa ampliación do autobús nocturno (24%). Ademais, arredor do 22% de mensaxes recibidas son de persoas residentes no barrio de Xuxán.

Rey valorou moi positivamente a participación e explicou que "todas as mensaxes foron respondidas e trasladadas ao equipo redactor do estudo para ser estudadas de cara á definición do novo modelo de autobús".

Así mesmo, animou aos coruñeses e coruñesas a continuar facendo achegas a través das diferentes canles de participación habilitadas polo Concello, especialmente nos encontros participativos: "A implicación da cidadanía é clave para deseñar unha rede moderna, útil e adaptada á realidade da Coruña actual".

Próximos encontros

O encontro forma parte dun calendario de once sesións nos distintos distritos da cidade, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña. 

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos
  • 10 de abril: Centro Cívico de San Diego
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque
  • 29 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns

As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible