Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2024

O circuíto Travesía Costa Duacode arrincou motores nas augas da Coruña, coa participación de centos de persoas nunha cita cun marcado carácter solidario

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de trofeos

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou este domingo no acto de entrega de premios ás e aos gañadores da Travesía Costa Coruña de augas abertas, unha competición que marca o punto de partida á sétima edición do circuíto Travesía Costa Duacode, que conta co apoio do Concello nesta primeira cita do calendario.

Centos de persoas participaron pola mañá nas diversas probas deportivas incluídas na programación da xornada, que se celebrou en augas de Riazor e o Matadoiro, e comezou cunha travesía a nado de 3.000 metros, seguida, posteriormente, dunha segunda quenda cun percorrido máis reducido, de 1.000 metros. Ámbalas dúas, ideadas para persoas adultas. Diego Guitierrez e Lucía Abadín gañaron a proba absoluta e Pablo Gómez e Lucía Taboada a de 1.000 metros.

Porén, houbo tempo para o disfrute das e dos máis pequenos, coa celebración da Travesía Costa Júnior, na que se inscribiron nenas e nenos en idade de 5 a 13 anos.

A mañá de competición rematou coa entrega de trofeos, na que Manuel Vázquez estivo acompañada por Sergio Castellanos, presidente do Club Hércules Termaria, organizador da proba desta fin de semana. Neste sentido, Vázquez puxo en valor "o traballo das e dos profesionais que impulsan este circuíto de travesías en augas abertas, polo carácter solidario das probas e o apoio amosado ás asociacións á hora de promover, por exemplo, a integración das persoas con capacidades diversas".

Tras A Coruña, o circuíto Travesía Costa Duacode chegará a outros cinco concellos da provincia, entre o vindeiro mes de xullo e inicios de setembro: serán Oleiros, Fisterra, Malpica, Portosín e Dumbría, coa disputa da travesía do Ézaro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión