Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2024

As traiñeiras da ACT volveron hoxe ás augas de Riazor, coa disputa da Bandeira Cidade da Coruña en categorías masculina e feminina As traiñeiras da ACT volveron hoxe ás augas de Riazor, coa disputa da Bandeira Cidade da Coruña en categorías masculina e feminina

A cidade herculina abriu a nova tempada de competición da Eusko Label Liga e Euskotren Liga. As embarcacións de Bermeo Urdaibai e Donostia Arraun Lagunak foron as gañadoras da xornada

A enseada de Riazor e o Orzán acolleu esta tarde a celebración do trofeo Bandeira Cidade da Coruña, correspondente á primeira xornada da nova tempada de traiñeiras da ACT, que inclúe dúas competicións: a Eusko Label Liga, con tripulacións masculinas, e a Euskotren Liga, con tripulacións femininas.

Ao igual que o ano pasado, a cidade herculina abriu camiño ao inicio do curso de traiñeiras, no que participan clubs de Euskadi e tamén galegos. Cabo de Cruz, Bueu e Tirán representaron hoxe a Galicia nas regatas disputadas ao longo da xornada, que comezou pouco despois das 17.00 horas e estendeuse ata finais da tarde.

As embarcacións participantes na Euskotren Liga, a categoría feminina, foron as encargadas de abrir o día de competición, con dúas tandas consecutivas, nas que resultaron vencedoras Donostia Arraun Lagunak e Tolosaldea Arraun Kluba, sendo a primeira a que acadou o mellor tempo e se coloca primeira clasificada. Xa a continuación, os clubs que toman parte na Eusko Label Liga, a categoría feminina, disputaron outras tres tandas, nas que os mellores tempos obtivéronnos Orsa Hondarribia, Amenabar Donostiarra e Bermeo Urdaibai, conseguindo esta última o mellor tempo e colocándose líder.

A minixira galega da ACT chega mañá a Bueu

A celebración do trofeo Bandeira Cidade da Coruña que tivo lugar este sábado 29 na cidade foi a primeira parada da minixira galega que levarán a cabo os clubs que compiten esta tempada nas ligas de traiñeiras.

Mañá, domingo 30, os equipos disputarán a segunda xornada en augas do concello pontevedrés de Bueu. O calendario de competición continuará na primeira fin de semana de xullo no País Vasco, na cidade de Donosti e o municipio de Zierbena.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión