Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2024

O Concello avanza na posta en marcha do Centro de Atención Social Continuada en Labañou, licitando o servizo de axuda e acompañamento a persoas sen fogar

Tras completar a primeira fase da reforma no antigo centro de Padre Rubinos, que supuxo a creación de novas dependencias, o Goberno de Inés Rey xa está a tramitar os programas de acompañamento social na instalación

O Concello licitou o servizo de atención a persoas sen fogar no Centro de Atención Social Continuada do barrio de Labañou, onde a mediados deste verán viron a luz as novas instalacións destinadas a esta finalidade social tras completarse a primeira fase das obras de reforma no antigo centro da Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey avanza nos trámites necesarios para abrir ao uso o Centro de Atención Social Continuada, onde se informará, asesorará e acompañará ás persoas usuarias, impulsando procesos de normalización e inclusión social co obxectivo de facilitarlles unha transición cara a unha vida independente, superando situacións de desarraigamento ou deterioración persoal.

Cómpre lembrar que, ademais do investimento asociado ao servizo de atención ás persoas sen fogar, o Concello destinou máis de 700.000 euros aos traballos de rehabilitación que xa se executaron no edificio, onde se levaron a cabo melloras tanto na planta baixa como no semisoto do inmoble, espazos que se reconfiguraron para a creación de novas dependencias. Desta forma, porase en funcionamento cunha capacidade para atender a 40 persoas usuarias.

Xa a futuro, na segunda fase prevista no proxecto de recuperación do centro, ampliaranse os espazos dispoñibles para acoller a máis usuarias e usuarios. Esta segunda fase executarase sobre o sector oeste da planta baixa.

Neste sentido, o Centro de Atención Social Continuada da avenida de Labañou complementará os demais recursos cos que conta o Concello para atender a persoas en situación de exclusión social y permitirá que dispoñan de espazos de descanso, facendo uso das instalacións no horario nocturno que se estipule. Entre as novas dependencias destacan as salas polivalentes que se habilitarán para as persoas usuarias, así como o ambigú e aseos.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, lembrou que "cada persoa sen fogar vén de vivir circunstancias distintas, un aspecto que tanto o Concello como as asociacións do terceiro sector temos en conta á hora de activar programas de apoio ás persoas usuarias, para axudarlles no seu período de transición cara a unha vida normalizada".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión