Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de septiembre de 2024

O Goberno de Inés Rey licitará os contratos de mantemento de calzada e beirarrúas, aumentando o investimento de seis a dez millóns de euros

O Concello licitará investimentos por 10,7 millóns de euros para duplicar a mellora dos espazos públicos da cidade

A alcaldesa anunciou que na vindeira Xunta de Goberno Local se licitará a humanización da rúa Sagrada Familia, onde se mellorarán arredor de 1.640 metros cadrados con plataforma única e prioridade peonil

A alcaldesa, Inés Rey, deu conta esta mañá dos principais asuntos que se aprobarán na próxima Xunta de Goberno Local este mércores, con diversas actuacións en materia de mellora dos espazos públicos da cidade. Entre os temas máis destacados está a humanización da rúa Sagrada Familia, unha das actuacións máis importantes do presente mandato.

A alcaldesa explicou que a Xunta de Goberno Local licitará esta semana as obras de humanización no tramo comprendido entre as rúas Nosa Señora da Luz e San Xaime, o que suporá unha mellora de aproximadamente de 1.640 metros cadrados. A intervención transformará a calzada e as beirarrúas actuais nunha plataforma única, elevando a calzada á altura das beirarrúas para crear un tramo de prioridade peonil. "Con este cambio reorganizaranse os espazos, dando protagonismo ao peón, tal como solicitaron os veciños do barrio" sinalou a alcaldesa.

Tamén se renovará a rede de saneamento, iluminación pública e pluviais, dotando a rúa dunha infraestrutura renovada tanto na parte visible coma na soterrada. Ademais, dotarase ao espazo de novo mobiliario urbano, con 16 bancos rectos, 5 circulares, 2 mesas con bancos e 2 con taboleiros de xadrez, un aparcadoiro de bicis, unha fonte, 10 papeleiras, 4 contedores e 32 áreas verdes con árbores como bidueiros, pradairos xaponeses e oliveiras bonsái. Tamén se colocará un aseo autolimpable para darlle servizo ás persoas usuarias da praza.

O proxecto conta cun orzamento de 694.494,38 euros e ten unha duración estimada de sete meses, divididos en tres fases. Rey explicou que a actuación responde ao modelo de cidade impulsado no 2019, poñendo en valor o espazo público. Ademais, anunciou que no 2025 se abordará o seguinte tramo: "completaremos así a Rolda Peonil que conecta San Diego coa Agra do Orzán, seguindo as intervencións realizadas nos últimos anos nas rúas Ramón Cabanillas e Alcalde Marchessi, mellorando a accesibilidade e a calidade de vida dos barrios", dixo.

Dez millóns de euros de investimento en rúas, 4 máis que có ano pasado

O Goberno de Inés Rey tamén aprobará a licitación de tres contratos clave en materia de mellora do espazo público. Na vindeira Xunta de Goberno Local, licitarase o contrato de mantemento e reparación de firmes así como os dous lotes para mantemento e reparación de beirarrúas, áreas peonís e mobiliario urbano na cidade.

En total, o Concello destinará 10 millóns de euros á mellora dos espazos públicos, unha inversión sen precedentes que permitirá case duplicar as intervencións en todos os barrios, reafirmando o compromiso do Goberno local coa mellora continua da cidade: "entre os tres contratos, o de firmes e os dous lotes de beirarrúas, contaremos cun orzamento de 10 millóns de euros para investimento en espazo público, fronte aos 6 millóns que había reservados ata agora" sinalou Rey.

En conxunto, supoñen un dos investimentos máis cuantiosos dos que subscribe o Concello, sendo a maior contía destinada nunca a mantemento de firmes e beirarrúas.

Aumento ata seis millóns de euros para mantemento de beirarrúas

O novo contrato de mantemento e reparación de beirarrúas, áreas peonís e mobiliario urbano contará cun orzamento de 6 millóns de euros entre ambos os lotes (norte e sur), o que supón un aumento dun millón de euros por lote pasando de dous a tres millóns de euros.

"Este incremento de dous millóns, pasando de catro a seis entre ambos lotes respecto ao ano anterior permitirá mellorar 11.600 metros cadrados adicionais de espazo público cada ano" explicou a alcaldesa. O aumento permitirá actuar e mellorar 34.800 m2 en total por ano, 5.800 m2 máis dos que se viñan facendo en cada un dos lotes.

Dous millóns de euros máis para mantemento e reparación de calzadas

No canto do contrato de mantemento e reparación de firmes e calzadas, este ano contará cun orzamento de 4 millóns de euros, duplicando o investido en anos anteriores. "Este aumento permitirá renovar 72.000 metros cadrados máis de pavimento anualmente" explicou a alcaldesa. Co novo contrato, poderanse renovar arredor de 144.000 metros cadrados, o dobre do actual. "Isto supón unha substancial mellora xa que permitirá aumentar as actuacións en todos os barrios", explicou a alcaldesa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión