3 de outubro de 2024
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volverán á cidade co seu recoñecible humor os días 28, 29 e 30 de decembro
O espectáculo 'Somos criminais e punto final' pechará o ano no Teatro Colón con cinco funcións os días 28, 29 e 30 de decembro. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla e os puntos de venda física habituais: as billeteiras do propio teatro e da praza de Ourense.
O Goberno de Inés Rey segue apostando por espectáculos de grande éxito, que encherán un dos teatros referentes a nivel galego e nacional. Nesta ocasión, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco poñerán fin a esta saga de espectáculos de humor. Despois de encher numerosos teatros galegos con 'Somos Criminais' e 'Somos Criminais 3', Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán regresan aos escenarios coa derradeira entrega deste espectáculo.
Dirixida por Tito Asorey e con textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en 'Somos Criminais e punto final' os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular. Os humoristas serán os encargados de que na súa nave, rumbo a outro planeta, estea presente todo o noso patrimonio material e inmaterial máis prezado para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.
19 de decembro de 2024
17 de decembro de 2024
14 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible