Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de junio de 2023

A actuación forma parte da programación ‘Agra no Ágora’ da Asociación Veciñal Agra en colaboración co Concello da Coruña

O grupo de cantareiras Leilía ofrecerá un concerto este mércores no Centro Ágora

Será ás 20.15 horas con entrada de balde ata completar a capacidade

O grupo de cantareiras Leilía ofrecerá este mércores 28 de xuño un concerto de balde no Centro Sociocultural Ágora. Leilía, formado no 1989 por Ana Rodríguez, Felisa Segade, Mercedes Rodríguez, Montse Rivera, Rosario Rodríguez e Patricia Segade, é un dos nomes máis recoñecidos no panorama do folk galego e un dos primeiros grupos de cantareiras en Galicia.

O concerto forma parte da programación 'Agra no Ágora' da Asociación Veciñal Agra, do barrio da Agra do Orzán, en colaboración co Concello da Coruña. "Dende o Goberno municipal seguiremos colaborando coas entidades veciñais para a celebración de programas culturais nos barrios porque cremos que é a mellor forma de facer cidade" explicou Gonzalo Castro, concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade. Comezará ás 20.15 horas e como todas as actividades do programa, a entrada é de balde ata completar a capacidade. Non se precisa reserva de ningún tipo senón que as localizacións se ocuparán por orde de chegada. 

Leilía presentará o seu espectáculo no marco da xira 'Vidas cantadas' onde recollen vivencias e cancións que as acompañaron nos máis de trinta anos de carreira conxunta. O título da xira é unha referencia ás primeiras cantareiras, as mulleres das aldeas, que utilizaban a música para a transmisión do coñecemento a través de cantigas que Leilía segue a ter como referentes. Retomarán, polo tanto, cancións do seu repertorio máis recoñecible pero cun novo aire, versionando os temas máis emblemáticos como mostra da evolución do propio grupo. O Goberno de Inés Rey mantén así a súa aposta pola cultura nos barrios, colaborando coas entidades veciñais para a realización de festas e actividades para todos os públicos con programación diversa e de raíz.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión