Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de noviembre de 2024

O Grupo Ouriol pechará a programación dos actos en lembranza de Luísa Villalta, coa interpretación do recital ‘Ritos de resistencia’ no Teatro Colón

O espectáculo terá lugar o sábado 23 de novembro, ás 20.00 horas. Haberá entrada libre ata completar a capacidade prevista

O vindeiro 23 de novembro, o Teatro Colón pechará a programación cultural impulsada polo Goberno de Inés Rey co gallo dos actos conmemorativos en lembranza da escritora coruñesa Luísa Villalta, protagonista da pasada edición do Día das Letras Galegas.

O punto e final das actividades chegará da man do Grupo Ouriol, que interpretará 'Ritos de resistencia' un recital multidisciplinar aberto ao público -con entrada de balde ata completar a capacidade prevista-, composto non só dos poemas dedicados á cidade, senón tamén dunha escolla das súas diferentes obras, selección feita pola recitadora Eva Veiga, coñecedora da escrita villaltiana e do seu sentir cara a cidade.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía "a asistir a un espectáculo marabilloso que porá o peche a un intenso ano de homenaxes en lembranza de Luísa, unha muller que forma parte do patrimonio literario coruñés e galego, mais tamén para comprender a historia e tradición dos barrios da nosa cidade".

O Grupo Ouriol, con máis de 20 anos levando os seus espectáculos a escenarios de dentro e fóra de Galicia, está formado polos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á poeta e comunicadora Eva Veiga e ao artista plástico Alfonso Costa. Os catro integrantes foron amigos de Luísa, coa que compartiron non só afectos, senón tamén colaboración diversas. 

O recital 'Ritos de Resistencia', dunha duración aproximada de 55 minutos, consiste no recitado dos poemas por parte de Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares (frauta e saxo soprano) interactúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos.

Ademais, durante o recital proxéctanse as imaxes realizadas para o evento polo recoñecido pintor Alfonso Costa. Desta forma, búscase ofrecer e compartir co público unha experiencia estética o más integral posible.

O espectáculo, que terá lugar o sábado 23 de novembro, comezará ás 20.00 horas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión