6 de noviembre de 2024
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou a programación, que complementa os actos da Semana da Ciencia
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o evento Coruña Comunica Ciencia. Trátase dunhas xornadas de divulgación científica que exploran formatos de comunicación compatibles cun espazo teatral. Este evento desenvolverase entre os días 13, 14 e 15 de novembro no Teatro Colón, coincidindo co resto de actos programados da Semana da Ciencia.
"O Goberno de Inés Rey busca seguir impulsando o coñecemento científico e complementa deste xeito as actividades xa anunciadas da Semana da Ciencia. A nosa é unha cidade á vangarda na difusión do coñecemento e durante a semana que vén daremos un paso máis con este encontro", apuntou Gonzalo Castro. Na presentación tamén participaron David Ballesteros, director do evento, e Patricia Barciela, comunicadora científica e directora da Domus. Durante tres días importantes divulgadores científicos pasarán polo Teatro Colón.
Cada xornada terá tres bloques de actividades, as mañás para público escolar e as tardes e noites para público familiar e adulto. Este proxecto está organizado pola entidade Ceo Aberto e conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
As entradas xa están á venda a un prezo de 2,95 euros. Ademais, están convidados aos diferentes actos colectivos, entre os que xa confirmaron algúns como a Federación Galega de Enfermidades Raras. Castro animou a cidadanía a asistir a este evento, que "reivindica a importancia de comprender e aprender a ciencia e as súas vertentes a calquera idade". Toda a información do evento pode atoparse na páxina web: www.coruñacomunicaciencia.es
Programación completa
Mañás: actividades para escolares
Tardes. Cada tarde, teremos actividades con diferentes formatos e contidos.
Noites. Nas noites, temos contidos innovadores, que exploran novos formatos.
6 de noviembre de 2024
4 de noviembre de 2024
22 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible