Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de agosto de 2024

Amizades actuará na praza de María Pita

O XXXIX Certame de Habaneras contará coa participación de 15 agrupacións corais

As actuacións serán nos xardíns de Méndez Núñez e comezarán este mércores 21 ás 19.30 horas

O XXXIX Certame de Habaneras que comeza esta semana contará coa participación de 15 agrupacións corais da comarca. O Goberno de Inés Rey mantén na programación das Festas de María Pita os actos máis tradicionais como este certame, que o ano que vén cumprirá 40 edicións.

Haberá, deste mércores 21 ao domingo 25, un total de tres actuacións diarias nos xardíns de Méndez Núñez a partir das 19.30 horas. O Certame de Habaneras é unha das citas con máis tradición das festas de agosto xa que este ano alcanza xa a súa 39ª edición e reúne a algunhas das mellores corais e grupos musicais de Galicia.

Os coruñeses e as coruñesas poderán gozar das habaneras, un estilo musical mariñeiro orixinal de Cuba que creceu e desenvolveuse fundamentalmente en España e que conta cun grande seguimento na cidade.

Programa por días do Certame de Habaneras

  • Mércores 21: Coral Sagrada Familia, Coral de Mera e El Acorde Secreto.

  • Xoves 22: Coral Santo Ángel, Rondalla Vila das Pontes e Polifónica Coruñesa Canticorum.

  • Venres 23: Coral La Antigua, Ludus Tonalis e Coro GAOS.

  • Sábado 24: Orfeón Herculino, Sporting Club Casino e Coral Polifónica El Eco.

  • Domingo 25: Tuna de Veteranos, Coral Santa Cruz e Coral Polifónica Follas Novas.

Amizades, na praza de María Pita

Por outra banda, este mércores o grupo coruñés Amizades actuará a partir das 21.00 horas na praza de María Pita. O concerto será de balde e esta será a penúltima actuación na praza, que despedirá as festas este xoves coa Orquestra Xoven Sinfónica de Galicia con Diana Navarro, do programa da Semana Clásica.

O grupo Amizades naceu no ano 2002 a través da Asociación da Tuna de Veteranos da Coruña e está formado por diferentes voces e instrumentos que interpretan música folclóricas, boletos, baladas e algunhas creacións propias. Durante os seus máis de 20 anos de traxectoria coincidiron no escenario con artistas da talla de Miguel Bosé, Rocío Durcal, Los Panchos ou Café Quijano.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión