Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de agosto de 2024

Pilates, obradoiros de memoria e talleres de aprendizaxe nas novas tecnoloxías, entre a programación que oferta o Concello nos centros cívicos ata finais de ano

A preinscrición nas actividades estará aberta entre os días 2 e 4 de setembro. Haberá propostas para todas os públicos: tanto para a rapazada como a mocidade, así como para as persoas en idade máis avanzada

Xa pode consultarse na web do Concello da Coruña a nova programación de actividades socioculturais que se levará a cabo na rede de Centros Cívicos Municipais entre os meses de setembro e decembro.

Entre as propostas incluídas na oferta do vindeiro cuatrimestre hai obradoiros de memoria, tamén talleres de aprendizaxe no uso de dispositivos móbiles, actividades orientadas ao exercicio físico, como pilates e ximnasia, e tamén iniciativas artísticas e culturais como manualidades, debuxo e pintura. Ademais, haberá talleres de conversación en lingua inglesa.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, fixo fincapé na importancia deste programa de ocio "que, ademais de promover o desenvolvemento cognitivo e sensorial das persoas participantes, tamén é unha boa ferramenta para tecer relacións sociais entre as veciñas e veciños, independentemente da súa idade, dúas liñas de traballo coas que o Goberno de Inés Rey está firmemente comprometido".

Neste sentido, cómpre destacar que haberá actividades socioculturais para os máis pequenos -ata 12 anos-, tamén para o treito de idade de 13 a 17 anos, outras iniciativas de carácter interxeracional -de 18 anos en diante- e máis propostas ideadas para o público en idade avanzada, as persoas de máis de 65 anos.

A preinscrición nas actividades abrirase o día 2 de setembro

A preinscrición para as actividades e os clubs se realizarán os días 2, 3 e 4 de setembro, cubrindo o formulario dispoñible na páxina web do Concello. Soamente aquelas persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizala por vía telefónica, chamando ao número 881 152 161 en horario de 10.00 a 14:00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades y tres clubs por centro cívico segundo a orde de preferencia. Nos clubs continuarán as mesmas persoas da convocatoria de xaneiro-maio e soamente se ofertarán as prazas vacantes.

Cómpre lembrar que as persoas empadroadas no termo municipal da Coruña terán prioridade fronte a solicitantes doutros concellos.

As listaxes provisionais das preinscricións publicaranse o 9 de setembro. Xa a posteriori, o 11 de setembro, celebraranse en cada centro cívico dous sorteos independentes para a adxudicación das prazas: un para as actividades, e outro para os clubs.

As listaxes das persoas admitidas publicaranse o día 20 de setembro nos centros cívicos e na web do Concello. Tamén se poderá consultar esta información a través da Oficina de Atención ao Cidadán (teléfono 010).

A inscrición e o pago das taxas faranse xa os días 23, 24 e 25 de setembro.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión