13 de novembro de 2024
Ábrese un prazo de emendas e alegacións do 14 a 18 de novembro, ambos os días incluídos.
Unha vez finalizado o prazo para presentar as solicitudes correspondentes á convocatoria extraordinaria de outubro para a cobertura de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM, en diante), publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas, coa proposta das puntuacións obtidas conforme ao baremo que figura nas bases; así como de solicitudes excluídas do proceso, indicando a causa de exclusión.
A partir desta publicación, ábrese un prazo de alegacións desde o xoves 14 de novembro que permanecerá aberto ata o luns 18 de novembro. A falta de presentación dalgún dos documentos obrigatorios dentro do prazo de presentación de alegacións supoñerá a exclusión do proceso.
Listas definitivas a partir do 26 de novembro
A publicación das listas definitivas será o martes 26 de novembro, paso previo á apertura do prazo de matrícula, que estará habilitado entre o mércores 27 e o venres 29 de novembro.
As solicitudes que resulten adxudicatarias da praza poderán formalizar a matrícula, logo da cita previa fixada pola escola correspondente. Os/as menores adxudicatarios/as deberán ter cumpridos tres meses no período de matriculación.
20 de novembro de 2024
20 de novembro de 2024
15 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible