A sala Plataforma14 acolle a exposición "A Cidade".
Para público en xeral
Dende o 25/05/2017 ata o 24/06/2017
Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
de balde.
CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da CoruñaFórum MetropolitanoR/ Río Monelos, 115006 - A CoruñaTfno: 981 184 294cmix@coruna.es
Esta exposición colectiva reúne unha serie de traballos destacados elaborados polo alumnado das especialidades de deseño gráfico, deseño de interiores, ilustración, fotografía, escultura, dourado e policromía e cerámica da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso.
A cidade é o elemento común sobre o que xira a temática das obras presentadas neste proxecto no que participan máis de 40 artistas, e ofrécense distintas visións desta realidade: as tribus urbanas imaxinadas, portadas de discos, a protesta do rap, a contaminación visual, os cafés onde se mestura o público e o privado, a soidade, o control etc.
A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.
Dende o 05/11/2024 ata o 06/01/2025
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible