Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 20/01/2025
Proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, na Escala de Titulados Superiores de Organismos Autónomos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, especialidade de Propiedade Industrial.
Ata o 22/01/2025
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable convoca as bolsas para a formación no IGN.
Ata o 27/12/2024
O Centro Tecnolóxico do Mar, CETMAR, convoca proceso selectivo para a cobertura 1 praza de técnica/o actividades científico-técnicas para os proxectos VerTyCe e FAO-STP. Modalidade concurso-oposición.
Ata o 28/02/2025
A Universidade Loyola, a través do Servizo de Actividades Culturais organiza a VII edición do Certame de Creación Artística para Artistas Emerxentes que naceu co obxectivo de estimular e fomentar a creación contemporánea entre novos artistas nas variantes de fotografía, pintura, escultura.
Dende o 28/01/2025 ata o 27/02/2025, os martes e xoves
A Escola Marcelo Macías organiza un curso de IA Creativa cunha duración de 20 horas.
Dende o 31/01/2025 ata o 28/02/2025, os venres
A Escola Marcelo Macías organiza un curso de SketchUp cunha duración de 15 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible