Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Debuxo dunha bombilla, nun papel e ao lado uns lápices e uns rotuladores.

 

A finalidade é axudar e apoiar ás mozas e mozos a que poidan responder ás seguintes preguntas:

  • Quen son e quen desexo ser
  • Que quero facer
  • Que sei facer
  • Que debo saber facer

O obxectivo xeral é fomentar a capacidade da moza ou mozo para o desenvolvemento dunha visión realista das súas propias habilidades e talentos individuais.

Quérese acompañar a traxectoria escolar e vocacional da/o moza/o, para o que se fomenta a cooperación entre o CMIX e os centros educativos, especialmente cos departamentos de orientación.

Específicamente na orientación académica preténdese, acompañar na elección e planificación dos estudos, no proceso de adaptación e integración académica. Ofrecémosche axuda personalizada para:

  • Descubrir a vocación e intereses profesionais.
  • Planificar os itinerarios educativos.
  • Rentabilizar os recursos educativos que oferta Galicia e especialmente A Coruña.

Na orientación profesional preténdese facilitar o proceso de toma de decisión, fundamentado no coñecemento dun mesmo (actitudes, aptitudes, intereses, cualificación, motivación) e das oportunidades laborais (características do mercado laboral, recursos específicos de emprego, especialmente co Servizo Municipal de Emprego, programas específicos para mozas/os como o Sistema Garantía Xuvenil, etc.).

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión