Pode realizar o pagamento dos seus recibos, multas, liquidacións, autoliquidacións e demais débedas, de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O Concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pagamento de débedas sen desprazamentos.
Para poder realizar o pagamento é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos de impostos anuais (IBI, Vehículos, IAE etc.), documentos de pagamento de autoliquidacións (plusvalías, alta de vehiculos, taxas municipais e prezos públicos), multas de tráfico, multas da ORA, documentos de liquidacións emitidos polos diferentes servizos municipais e demais ingresos de dereito público.
En oficina bancaria
En calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. (No seu horario de apertura ao público)
Excepcións:
En caixeiros automáticos
Nas entidades ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Coas mesmas excepcións indicadas anteriormente para as multas de tráfico e as débedas en executiva.
En caixa municipal
O pagamento na caixa poderá facerse en metálico ou a través de cheque a nome do Excmo. Concello da Coruña, conformado o certificado pola entidade bancaria, e a través de tarxetas de débito e crédito.
Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, podendo realizar o pagamento de calquera débeda e con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pagamento é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.
Desde o computador
Outros trámites
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
28/11/2024
Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible