Os ensinos de idiomas son ensinos oficiais que teñen lugar fóra das etapas ordinarias do sistema educativo. Nas Escolas Oficiais de Idiomas, existe unha oferta de varios idiomas con cursos que van desde o nivel básico (A1-A2) ao de persoa usuaria competente (C1-C2), de acordo cos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as leguas (MCER).
Para acceder ás Escolas Oficiais de Idiomas será requisito ter 16 anos cumpridos no ano que se comecen os estudos. Tamén poderán acceder as persoas maiores de 14 anos para seguir os ensinos dun idioma distinto do cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.
A escola oficial de idiomas da Coruña ofrece 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés. Nas seccións podes estudar os seguintes:
Non é preciso comezar os estudos desde o primeiro curso A1 (ou A1-A2), se se conta cun acceso directo por ter outra titulación ou acceder por proba de clasificación.
Ademais impártense cursos monográficos, cursos de formación do profesorado, cursos de linguaxe administrativa en galego, cursos de preparación CELGA, etc.
That's English Inglés a distancia
That's English! é un programa de educación a distancia para aprender inglés creado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte. A EOI da Coruña é centro de apoio tutorial deste programa, ofrecendo a posibilidade de asistir ás titorías e realizar os exames no centro.
O curso comeza no nivel de principiante, polo que non se require coñecemento previo de inglés; con todo, o alumnado que xa teña coñecementos do idioma poderá acceder directamente ao curso que lle corresponda a través da realización da proba de valoración inicial (Proba VIA). Esta proba faise en liña durante todo o período de matrícula.
Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025
Dende o 19/05/2025 ata o 23/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible