Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

A masturbación, ou autoestimulación, é probablemente a principal actividade sexual da raza humana; posiblemente hai máis xente que se masturba que xente que realiza outro tipo de prácticas sexuais.

Poida que os mozos sexan máis abertos sobre este tema que as mozas, pero non é certo -como moitas veces se cre- que as mozas non se masturban. As mozas si se masturban, aínda que poida que non falen tanto diso.

A masturbación é unha forma de descubrir o que che gusta. É unha forma eficaz de coñecer o teu corpo e de aprender como responde. Saber o que che gusta e poder comunicalo forma parte dun proceso de aprendizaxe que che permitirá gozar máis da túa sexualidade, e compartila con outras persoas.

A masturbación non ten riscos nin presións. É o sexo seguro por definición: non pode haber embarazo nin hai risco de contraer enfermidades; como se fai só, non hai vergoñas, medos nin presións por se "teño que facelo ou non" ou por se "o farei ben ou non".

Por outra banda, a masturbación pode -e adoita- darse tamén dentro da parella. De feito, pode ser unha boa forma de mostrarlle á túa parella o que che gusta. Hai xente que se excita vendo como outros se tocan.

Con todo, tampouco pasa nada se non te masturbas. Hai quen non empeza a masturbarse ata ser bastante maior; outros nunca se animan. E non por iso lles pasa nada raro. Neste tema, o que decidas, o que che faga sentirte ben, é o bo.

Historias, mitos, dúbidas e erros frecuentes sobre a masturbación

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión