38 resultados
Ata o 15/06/2025
A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para estudantes economicamente necesitados que durante o curso académico 2025/2026 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.
Ata o 20/05/2025
4 bolsas para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos de América para o curso 2025/2026, nas seguintes áreas de actividade: Artes Cinematográficas e Audiovisuais, Artes Escénicas, Artes Plásticas e Visuais, Música e Musicología.
Ata o 30/04/2025
O Consello de Administración de Patrimonio Nacional convoca 8 bolsas para posgraduados 2025-2026 co obxectivo de fomentar a preparación de novos investigadores de Patrimonio Histórico-Artístico de Patrimonio Nacional.
Ata o 05/05/2025
O Concello da Coruña convoca bolsas para apoiar a deportistas que practiquen deporte individual, tanto en relación co perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas como para facilitar a participación en competicións deportivas.
Dende o 09/04/2025 ata o 12/05/2025
A Dirección Xeral do Instituto da Mocidade convoca as Axudas Injuve para a Creación Nova, destinadas a persoas novas creadoras para proxectos a desenvolver durante o ano 2026 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, música, literatura, deseño, cómic e ilustración.
Ata o 19/05/2025
A Fundación Adecco lanza unha nova convocatoria das Bolsas Pupilo Dorotea, un proxecto que ten como obxecto garantir unha atención integral e apoio económico adecuados para persoas con certificado de Altas Capacidades ou que presentan excelencia académica que, con todo, non teñen suficientes recursos para completar os seus estudos.
Ata o 24/04/2025
O obxectivo que se persegue é que estudantes universitarios de calquera titulación oficial poidan completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural.
Ata o 04/05/2025
A Embaixada de Francia en España e a Asociación Diálogo lanzan a convocatoria para o curso 2025/2026 das Bolsas AVENIR - Destino Francia, destinadas a estudantes españois ou hispanofranceses residentes en España que decidiron continuar coa súa formación universitaria en Francia.
Ata o 04/05/2025
A Fundación SEPI convoca 25 bolsas no segundo proceso da edición do Programa Instituto de Crédito Oficial 2024/2027.
Ata o 02/05/2025
A Fundación Ronsel organiza este programa de apoio e acompañamento as persoas galegas retornadas no desenvolvemento dos seus negocios ou actividade profesional.
resultados 38
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible