Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

16 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Bolsas para deportistas da provincia para o ano 2025

    Persoa cun patín nos pés.

    Inscricións:

    Dende o 27/03/2025 ata o 15/04/2025

    ás 14:00 horas.

    A Deputación provincial da Coruña convoca 59 bolsas para apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento, como posibilitar a participación en eventos deportivos, facilitándolles ás persoas deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

  • Bolsas de carácter xeral para estudantes que cursen estudos postobrigatorios no curso 2025/2026

    Lámpada

    Inscricións:

    Dende o 24/03/2025 ata o 14/05/2025

    ás 15.00 horas

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas de estudos para estudantes que no curso académico 2025-2026 cursen ensinanzas postobrigatorias, universitarias e non universitarias, con validez en todo o territorio nacional.

  • Bolsas de Internacionalización Empresarial ICEX

    cartel das bolsas

    Inscricións:

    Ata o 02/04/2025

    ata as 14.00 h

    ICEX España Exportación e Investimentos convoca a 50ª Promoción das Bolsas de Internacionalización Empresarial ICEX, un programa co que ofrece a titulados universitarios unha sólida formación teórica e unha especialización práctica en internacionalización. O programa de bolsas consta de 3 fases, unha fase de máster e dúas fases de prácticas en empresas, entidades e organismos nacionais e internacionais.

  • V Residencia Literaria da Cidade da Cultura

    Cartel da convocatoria da V Residencia Literaria

    Cando:

    Dende o 30/06/2025 ata o 12/07/2025

    Inscricións:

    Ata o 04/04/2025

    ata as 15.00 h.

    A Residencia Literaria da Cidade da Cultura é unha convocatoria enmarcada no programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), un espazo de aprendizaxes para escritoras/es emerxentes que queiran perfeccionar as obras a través da posta en común de experiencias e coñecementos, co acompañamento de autoras/es de primeiro nivel nas letras galegas e españolas. A iniciatica, aínda que aberta a aspirantes de todas as idades, está especialmente concibida para menores de 35 anos.

  • Bolsas Máster Iberdrola España 2025

    cartel das bolsas

    Inscricións:

    Ata o 04/04/2025

    ata as 15.00 h.

    Iberdrola España presenta a súa convocatoria de bolsas para estudos de máster, curso 2025-2026, para contribuír á excelencia na formación de mozas, dotándoos dun alto grao de cualificación que lles facilite o acceso ao primeiro emprego.

  • Programa Arquia/Bolsas 2025

    cartel do programa

    Inscricións:

    Ata o 31/03/2025

    ata as 12:00 h.

    A Fundación Arquia convoca a XXVI edición do concurso Arquia/Bolsas, destinadas a estudantes nos últimos anos da carreira e a novos arquitectos recentemente titulados, para a realización de prácticas profesionais en estudos de Arquitectura e institucións culturais e do sector.

  • BECASAIE 2025/26 de Formación ou Ampliación de Estudos Musicais e de Alta Especialización

    Folleto bolsas AIE.

    Inscricións:

    Ata o 31/03/2025

    ata as 18:00 h.

    AIE, a Sociedade de Artistas, Intérpretes ou Ejecutantes de España,dentro do seu programa de Fondo Asistencial e Cultural, convoca parael curso 2025/26 o programa de BECASAIE de Formación e Ampliación de Estudos Musicais e de Alta Especialización para estudantes e profesionais.

  • Programa de Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados. Verán 2025

    Lago, montañas e pobo de Búbal.

    Inscricións:

    Dende o 24/03/2025 ata o 08/04/2025

    12:00 horas.

    O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para participar no programa nacional "Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados" en Granadilla (Cáceres), Umbralejo (Guadalaxara) e Búbal (Huesca), no verán de 2025.

  • Bolsas comedor para o curso 2025/2026

    Vasos e platos postos sobre unha mesa.

    Inscricións:

    Dende o 18/03/2025 ata o 04/04/2025

    O Concello da Coruña, a traves da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade, convoca as axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar, durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado empadroado no Concello da Coruña.

  • Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro ICU 2025"

    Laboratorio.

    Inscricións:

    Dende o 16/03/2025 ata o 15/04/2025

    Segundo período do 1 ao 30 de setembro de 2025.

    Convócanse ata un máximo de 432 bolsas de introdución á investigación para estudantes universitarios, con alto nivel de rendemento académico, en institutos de investigación, centros nacionais, unidades técnicas, PTI e redes científicas/conexións do CSIC.

resultados 16

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible