Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Garantía xuvenil

Se tes entre 16 e 29 anos e non estás nin traballando nin estudando, inscríbeche en Garantía Xuvenil. Con este programa da UE terás acceso a orientación laboral e un plan de formación que che faciliten o acceso ao mercado laboral. Nalgúns casos, ademais, as empresas poden ter determinados beneficios por contratar a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén se poderán inscribir as persoas estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 anos.
  • Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Inscrición

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil é necesario acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse. Podes facelo das seguintes maneiras:

  • Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado dixital ou a través do Sistema Cl@ve.
  • Acceso con usuario e contrasinal. Tamén podes iniciar a túa inscrición cumprimentando o formulario na web. Durante o proceso, pediráseche un contrasinal que poderás utilizar para entrar ao teu perfil de Garantía Xuvenil en futuras ocasións.

Unha vez que efectúes o rexistro tes que esperar a que notifiquen que aceptaron a túa solicitude (isto pode tardar uns días).

Xa estou inscrito/a. Que teño que facer?

Unha vez que che notificasen a túa inscrición, terás acceso a ofertas de traballo, formación para o emprego, formación en emprendemento, prácticas internacionais... Periodicamente recibirás información destas oportunidades.

No apartado de convocatorias da nosa web poderás comprobar que entidades teñen actividades e programas para a mocidade inscrita en Garantía Xuvenil na nosa cidade.

Ademais, existen algunhas entidades que colaboran de maneira permanente con Garantía Xuvenil. Contacta con elas. Na Coruña tes as seguintes:

Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña

Programa PICE (Programa de Cualificación e Emprego)

R/ Alameda, 30-32, 1.º 15003 A Coruña

Tel.: 981 216 072

pice@camaracoruna.com

www.empleoygarantiajuvenil.es

(Con cita previa)

Cruz Vermella Española na Coruña

Programa Aceleradores GO

R/ Cruz Vermella Española, 1, 15002 A Coruña

Tel.: 981 221 000

www.cruzvermella.org

Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17, 15001 A Coruña

Tel.: 981 817 000

www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionais/

Fundación Once

Cantón Grande, 3, 1º. 15003 A Coruña

Tel.: 981 145 109

belen.almagro.fsc@fundaciononce.es

Persoas destinatarias: mocidade con discapacidade

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión