Se o teu son os negocios, o mellor consello que che podemos dar é que che asesores. O Concello da Coruña pon á túa disposición un servizo de asesoramento gratuíto: /empresa/gl. Ponte en contacto con eles.
Aquí deixámosvos unha listaxe de webs de interese nas que poderedes atopar información clara e útil.
Información completa sobre creación e posta en marcha de empresas: decisión de emprender, plan de empresa, trámites administrativos e fiscais, financiamento, contratación de empregados, protección de datos, propiedade industrial, internacionalización...
O seu obxectivo principal é facilitar a localización e realización de trámites e requisitos a satisfacer para o inicio ou exercicio de actividades empresariais ou profesionais tendo en conta a forma xurídica elixida e a localización xeográfica.
Sistema de información que permite realizar de forma telemática os trámites de constitución e posta en marcha de determinadas sociedades mercantís en España, a constitución como empresario individual (autónomo). Deberase cumprimentar o Documento único electrónico (DUE) que engloba multitude de formularios e, de forma automática, o STT realiza todos os trámites necesarios comunicándose con todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Seguridade Social, Axencia Española de Protección de Datos, Oficina Española de Patentes e Marcas etc.).
Programa de información, orientación e avaliación das persoas emprendedoras.
A web contén guías de axuda (plan de negocio, modelos de plan de negocio por sector de actividade, guías de actividade empresarial por sectores -turismo e hostalaría, servizos informáticos, servizos relacionados coa imaxe, transporte, lecer, diversión e cultura, asistencia social...), manuais de xestión...
Información xeral e catálogos dos distintos trámites segundo tipo de negocio
Recursos, ferramentas e material didáctico para persoas emprendedoras.
Programas de promoción e fomento do comercio e das axudas destinadas a estes fins.
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
28/11/2024
Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible