Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.
Unha asociación é unha agrupación de persoas (un mínimo de 3) que se crea porque os seus membros teñen un interese común particular ou xeral, que se organiza democráticamente e non ten ánimo de lucro.
Pois que a asociación pode ter actividade económica (por exemplo, pode organizar cursos, vender obxectos...) pero non pode repartir os beneficios que obteña entre as persoas socias. Estes cartos teñen que quedar na entidade.
Sí. Pero tedes que ter en conta as cuestións fiscais que iso implica.
É unha persoa xurídica porque ten entidade propia, distinta das socias e socios que a compoñen, e dispón dun patrimonio propio. De feito teredes que solicitar en Facenda un NIF.
Significa que os acordos deben ser aprobados pola Asemblea Xeral, que está formada polas persoas socias da entidade.
As asociacións xuvenís son aquelas cuxas persoas membro teñen unha idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os 30 sen cumprir.
En realidade, o primeiro que deberíades facer é leer a norma que regula as asociacións, a Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociación. Non teñades medo, é unha norma sinxela que resolverá parte das vosas dúbidas.
Os estatutos son as normas que regularán a vosa asociación (nome, fins e actividades, ámbito de actuación, organización...). Esta quedará consituida unha vez que firmedes a acta fundacional que irá acompañada destes estatutos. Non vos preocupedes, en internet tendes formularios dabondo, como por exemplo http://www.interior.gob.es/web/servicios-al-ciudadano/modelos-de-solicitud/asociaciones/modelos-para-inscripciones-en-el-registro-nacional
A súa inscrición nun rexistro público supón non só darlle publicidade, se non tamén limitar a responsabilidade ao patrimonio da asociación, separándoa do patrimonio das persoas socias.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible