11 resultados
Ata o 20/05/2025
4 bolsas para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos de América para o curso 2025/2026, nas seguintes áreas de actividade: Artes Cinematográficas e Audiovisuais, Artes Escénicas, Artes Plásticas e Visuais, Música e Musicología.
Ata o 05/05/2025
O Concello da Coruña convoca bolsas para apoiar a deportistas que practiquen deporte individual, tanto en relación co perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas como para facilitar a participación en competicións deportivas.
Ata o 04/05/2025
A Embaixada de Francia en España e a Asociación Diálogo lanzan a convocatoria para o curso 2025/2026 das Bolsas AVENIR - Destino Francia, destinadas a estudantes españois ou hispanofranceses residentes en España que decidiron continuar coa súa formación universitaria en Francia.
Ata o 09/05/2025
A Fundación Botín convoca 6 Bolsas de Arte destinadas a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística. Delas, unha bolsa reservarase con prioridade a españois ou residentes menores de 30 anos para trasladarse ao estranxeiro.
Ata o 25/04/2025
A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral (curatorial studies). O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea, desde as Vangardas á actualidade.
Ata o 30/04/2025
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2024/25.
Ata o 28/04/2025
A Conselllería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca seis bolsas para complementar a formación académica de persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou nas oficinas da Cooperación Española (OCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID).
Dende o 22/02/2025
ata o esgotamento do crédito orzamentario desta convocatoria.
Subvencións para realizar prácticas non laborais en filiais ou establecementos no estranxeiro facilitadas por empresas españolas, coa finalidade de incrementar o número de profesionais con formación e capacitación en internacionalización e mellorar a competitividade e produtividade das empresas españolas internacionalizadas.
A Universidade da Coruña abre o prazo de solicitude da convocatoria de prazas para os programas de mobilidade con fis de estudos Erasmus+ e Bilateral SM 2025/2026, que permiten ao seu alumnado de grao, máster e doutoramento estudar no estranxeiro e recibir un coñecemento académico dos devanditos estudos.
En colaboración con oito universidades británicas, o British Council ofrece oito bolsas para máster para o ano académico 2025/26, para unha gran variedade de programas académicos.
resultados 11
Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025
Dende o 19/05/2025 ata o 23/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible