Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa NEO

NEO é un programa de actividades de verán para mozas/os de entre 12 e 17 anos nas que promover un lecer que favoreza hábitos saudables de utilización do tempo libre. Se cres que é parecido a Nocturnia... tes toda a razón! Son actividades deportivas, ambientais, artísticas pero realizaranse durante a semana en horarios diurnos e adaptándonos aos tempos da xente máis nova coma ti.

ORGANIZA:

O programa está organizado pola Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Servizo municipal de Mocidade.

CUSTO

O custo é gratuíto para as persoas participantes inscritas previamente nas actividades.

ESPAZOS ONDE SE DESENVOLVEN AS ACTIVIDADES

Parte das actividades serán na rede de centros cívicos da cidade xa que temos un en cada barrio. 

Outra parte realizaranse en espazos naturais urbanos da cidade e do entorno para que podamos coñecer cada recuncho que temos preto. 

MÁIS INFORMACIÓN

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión