51 resultados
Os martes 29 de abril e 6, 13 e 27 de maio
Os "Martes da UNED" son un ciclo de actividades gratuítas de divulgación científica e cultural, unha iniciativa que ofrecerá conferencias, charlas, talleres e debates.
Dende o 02/05/2025 ata o 10/05/2025
O Concello da Coruña organiza no Mercado Municipal da Praza de Lugo, en colaboración co colectivo Salgadiñas, un mercadiño artístico e artesanal protagonizado por mulleres creadoras galegas que, ademais dos postos de venda, incluirá un programa de obradoiros e accións de dinamización para todos os públicos.
Dende o 09/05/2025 ata o 24/05/2025
O Teatro Colón acollerá o Maio Jazz 2025, un programa de cinco concertos gratuitos de jazz organizados pola Deputación da Coruña.
04/05/2025
A Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) organiza unha Xornada de portas abertas no Rocódromo de Riazor.
Dende o 24/04/2025 ata o 27/04/2025
Durante catro días, o Mercado de Carballo transformarase nunha plataforma de referencia para creadores dixitais, cunha programación gratuíta chea de espectáculos en directo, charlas, proxeccións e encontros profesionais que convidan a explorar as novas linguaxes da internet desde unha perspectiva diversa e inclusiva.
Dende o 02/05/2025 ata o 01/06/2025
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pon en marcha a 1ª edición de Campas 360, un programa de actividades formativas e de lecer en fins de semana do mes de maio de 2025 dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia de 12 e 30 anos, divididos en tramos de idade.
26/04/2025
Colectivo Mareira presenta a nova edición do "Mareira Fest", con 13 bandas participantes e máis de 10 horas de música ininterrompida na Sala Pantalán cun cartel composto por artistas locais, nacionais e internacionais.
A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que comezará o 5 de maio.
Dende o 30/04/2025 ata o 25/06/2025
"Como ler un encaixe" é o título do ciclo de conferencias que impartirá a profesora Mariña Regueiro na Fundación Luis Seoane, coa colaboración da UIMP. A través dun programa de cinco sesións, realizarase un percorrido por cincocentos anos dunha técnica téxtil que fascinou a artistas e reis, e a través da que é posible descifrar a historia política, social, económica e cultural europea.
A Xunta de Galicia oferta 250 prazas para participar en estadías socializadoras e de convivencia no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.
resultados 51
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible