Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Campamentos verán 2025 específicos para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta 250 prazas para participar en estadías socializadoras e de convivencia no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025

Duración:

Quendas de 10 días.

Prezo:

125 euros. Descontos (non acumulables): 50 % para membros de familia numerosa ou familia monoparental, e 25 % para as persoas usuarias do Carné Xove.

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
  • As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Páxina web:

http://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Avenida Fernando de Casas Novas, 35. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 547 399, 981 544 640

Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña

Teléfono 881 881 528

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PR004A

Documentos:

Folleto. (1 MB)

SERVIZOS OFERTADOS:

  • Aloxamento en albergue ou residencia, segundo o destino solicitado.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Programa de actividades de animación sociocultural.
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes

QUENDAS:

  • De 11 a 14 anos:
    • Do 13 ao 22 de xullo. O Carballiño. Aventura na natureza 
    • Do 22 ao 31 de agosto. Gandarío. Natureza xunto ao mar
  • De 15 a 18 anos:
    • Do 22 ao 31 de agosto. Gandarío. Natureza xunto ao mar
    • Do 3 ao 12 de setembro. Panxón. Natureza xunto ao mar
  • De 19 a 25 anos:
    • Do 2 ao 11 de xullo. Panxón. Natureza xunto ao mar
    • Do 13 ao 22 de xullo. O Carballiño. Aventura na natureza
    • Do 8 ao 17 de agosto. Gandarío. Natureza xunto ao mar
    • Do 5 ao 14 de setembro. Gandarío. Natureza xunto ao mar
  • De 26 a 50 anos:
    • Do 2 ao 11 de xullo. Panxón. Natureza xunto ao mar
    • Do 2 ao 11 de xullo. O Carballiño. Aventura na natureza
    • Do 8 ao 17 de agosto. Gandarío. Natureza xunto ao mar
    • Do 3 ao 12 de setembro. Panxón. Natureza xunto ao mar
    • Do 3 ao 12 de setembro. O Carballiño. Aventura na natureza
    • Do 5 ao 14 de setembro. Gandarío. Natureza xunto ao mar

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible