Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Recoñecer a experiencia profesional

Se tes experiencia nun traballo, pero non tes ningún título que o xustifique, a través do procedemento de recoñecemento de competencias profesionais podes chegar a obter unha acreditación oficial con validez en todo o territorio nacional. Este procedemento tamén vale no caso de que si teñas formación, pero esta non sexa oficial.

Que se acredita?

Podes acreditar as unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que estean incluídas en Títulos de Formación Profesional e/ou en Certificados de Profesionalidade.

Que son as unidades de competencia?

A función do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais é definir as profesións, detallando cada unha das tarefas que estas levan. A estas tarefas chámallas "unidades de competencia" e están descritas de maneira oficial neste Catálogo.

As competencias pódelas adquirir por formación ou por experiencia laboral.

Que requisitos teño que cumprir?

  • Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, cando se trate de unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para os niveis II e III.
  • Ter experiencia laboral, formación relacionada e/ou desenvolver labores de voluntariado coas competencias profesionais que se queren acreditar:
    • No caso de experiencia laboral. Xustificar, polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos transcorridos antes da presentación da solicitude. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse 2 anos de experiencia laboral cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
    • No caso de formación. Xustificar, polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos transcorridos antes da presentación da solicitude. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse polo menos 200 horas. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar contemplen unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nos devanditos módulos.

Que procedemento teño que seguir?

En Galicia tes toda a información na web: http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita. Nela podes consultar a oferta, os centros nos que poderás solicitar o teu recoñecemento e onde podes pedir información. Tamén contén a aplicación Acredita para xerar a túa solicitude e un formulario de autoevaluación que che axudará a saber cales son os teus coñecementos e que competencias poderías acreditar.

Non hai prazo (existen algunhas excepcións): podes presentar a túa solicitude ao longo de todo o ano.

Que obterei?

Expediráseche unha acreditación de cada unha das competencias que se che recoñeceron. Ademais, se estas unidades de competencia conforman un certificado de profesionalidade, poderás solicitar a súa expedición.

En calquera caso:

  • A administración educativa validará os módulos profesionais correspondentes, segundo a normativa vixente, e que se establece en cada un dos títulos de Formación Profesional.
  • A administración laboral realizará a exención dos módulos formativos asociados ás unidades de competencia dos certificados de profesionalidade.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión