As autoliquidacións tributarias regúlanse no artigo 120 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. As autoliquidacións son declaracións nas que os obrigados tributarios, ademais de comunicar á Administración os datos necesarios para a liquidación do tributo e outros de contido informativo, realizan por si mesmos as operacións de cualificación e cuantificación necesarias para determinar e ingresar o importe da débeda tributaria ou, no seu caso, determinar a cantidade que resulte a devolver ou a compensar.
Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria municipal impón o cumprimento da obriga.
Rúa Franja 20. La Coruña
As autoliquidacións de taxas e impostos municipais, de maneira presencial, realízanse nas oficinas da Franxa, na Unidade de Rexistro e Información ao contribuínte.
Para poder realizar as autoliquidacións a través da web debe ter a man os datos do obrigado e do obxecto tributario. Pode realizar unha autoliquidación a nome de terceiros, aínda que lembre que debe contar coa súa autorización expresa.
As autoliquidacións telemáticas de tributos realízanse a través da Oficina Virtual do Contribuínte - OVC. A OVC é a sede electrónica tributaria que, entre os seus servizos, ofrece a posibilidade de autoliquidar as taxas e impostos que teñan establecido este réxime, xerando as correspondentes cartas de pagamento. Os tributos que se poden autoliquidar, neste momento, na OVC son:
- Plusvalía (Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana).
- Imposto de Vehículos (IVTM). Alta no imposto para a súa matriculación.
- Taxa Tarxeta Millenium.
- Taxa por Dereitos de Exame.
- Taxa por repartición de publicidade en vía pública.
- Taxa pola posesión de animais potencialmente perigosos.
- Taxa por licenzas de servizo de transporte.
- Taxa por circulación con vehículo por rúa peonil.
- Taxa por tramitación de certificacións e copias (informes, atestados, expedición de certificados do PIC).
- Taxa de Cemiterios (apertura de sepulturas, incineracións...)
Se necesita coñecer a categoría fiscal da rúa, consulte o tramero fiscal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración
No
Pode realizar o pagamento da autoliquidación:
a. De forma presencial, en calquera das entidades colaboradoras: ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK, BANCO PASTOR, BBVA.
b. Por internet, sen certificado dixital: Poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través da Oficina Virtual do Contribuínte.
Outros trámites
Dende o 04/12/2024 ata o 20/12/2024
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible