Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas para participar no programa nacional "Centros de Educación Ambiental" durante o ano 2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para participar nas actividades que se desenvolverán nos centros de educación ambiental de Viérnoles (Cantabria) e Villardeciervos (Zamora).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 21/01/2025

ás 12:00 horas.

Requisitos:

  • Alumnado de centros docentes españois sostidos con fondos públicos que cursen algunha dos seguintes ensinos:
    • 5º e 6º de Educación Primaria.
    • 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
    • 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
    • Ensino Básico Obrigatorio (EBO 2 e 3), con idades entre 10 e 17 anos.
  • A idade do alumnado participante non poderá, en ningún caso, ser superior a 17 anos no momento de realización da actividade.
  • Os centros que desexen participar nesta convocatoria, deberán solicitalo a través da dirección do mesmo, formando grupos de 20 a 23 estudantes, que serán acompañados por dous docentes dos que habitualmente lles imparten clase, incluíndo se é posible un titor ou titora.
  • Presentar un proxecto sobre o tema da convocatoria. Este proxecto de participación deberá ser orixinal do centro, específico para esta convocatoria e adaptado ao nivel do grupo destinatario.

Remuneración / Dotación:

Gastos de desenvolvemento e loxística da actividade e seguro de accidentes e responsabilidade civil. O traslado das persoas participantes desde o seu lugar de residencia ata o Centro de Educación Ambiental e viceversa non está incluído nas axudas.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Subdirección Xeral de Centros e Programas, Área de Programas Educativos

Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid

Correo electrónico: programas@educacion.gob.es

Publicación: BOE 17/12/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 803094

Axudas para un máximo de 64 grupos de centros docentes españois compostos de 20 a 23 estudantes e 2 docentes, para participar nas actividades programadas nos centros de Educación Ambiental de Villardeciervos (Zamora) e Viérnoles (Cantabria), durante 16 quendas:

  • Período de primavera, 8 semanas, entre o 17 de marzo e o 11 de abril e entre o 5 e o 30 de maio de 2025.
  • Período de outono, 8 semanas, entre o 22 de setembro e o 14 de novembro de 2025.

Os grupos de estudantes e docentes desenvolverán as actividades en quendas semanais de cinco días cada un, de luns pola mañá a venres pola tarde.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión