Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Actividades de celebración do 55 aniversario da inauguración do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Todas as actividades son gratuítas con inscrición previa, por orde de chamada ata completar a capacidade, no teléfono do museo: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h)

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

07/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Apertura do prazo de inscrición: mércores 27 de setembro ás 10.00 h

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

1. Visitas guiadas:

Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.

Horas: 12.00, 18.00 e 22.00 h

Duración aprox.: 1 h e 15 min

Público: adulto

Prazas: 25

2. Obradoiros infantís:

2.1. Arquitectura: MANS Á OBRA!

Nesta actividade mergullarémonos no mundo da arquitectura defensiva grazas ao coñecemento do Castelo de San Antón como fortificación, descubrindo as súas características a través dos elementos máis representativos, como son os baluartes. Traballaremos, primeiro, en equipos para construír con figuras xeométricas de gran formato diferentes estruturas e despois, de forma individual, para crear cadaquén a súa propia construción que se poderá levar para a casa.

Hora: 11.45 h

Duración aprox.: 1 h e 30 min

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

2.2. NumisLAB

Durante o transcurso da actividade as e os participantes achegaranse ao mundo das moedas para descubrir as súas orixes e as técnicas de fabricación durante a antiga Roma. Falaremos tamén do intercambio de produtos e da evolución no tamaño e no peso dos numismas. Para rematar, deberán poñer en marcha a súa creatividade deseñando a súa propia moeda que poderán levar para a casa.

Hora: 17.00 h

Duración aprox.: 1 h e 30 min

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

3. Obradoiro para persoas adultas:

GABINETE ARQUEOLÓXICO

As persoas que participen nesta actividade achegaranse ao delicado traballo que desempeñan os e as profesionais vinculados/as coa arqueoloxía, historia, museoloxía... Paso a paso descubriremos os procesos polos que pasan os obxectos arqueolóxicos unha vez que son atopados nas escavacións e percorreremos o longo camiño que fan ata chegar ás vitrinas dos museos. Unha actividade dinámica e práctica na que poderedes manipular diferentes ferramentas. Esperámosvos!

Hora: 19.30 h

Duración aprox.: 1 h e 30 min

Público: adulto

Prazas: 15

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible