Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

biblioTECH: taller de programación de videoxogos

Aprende a programar os teus propios videoxogos!!!

A quen vai dirixido?:

De 10 a 16 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Xuvenil

Cando:

Dende o 09/11/2019 ás 11:30 ata o 30/11/2019 ás 13:30 , os sábados

Taller desenvolvido os sábados de novembro, de 11:30 a 13:30 h

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/11/2019 ata o 09/11/2019

Require unha única inscrición para todos os días.

Horario:

De 11.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

Tel.. 981 184 388

Os videoxogos son unha ferramenta didáctica de gran potencia.

Neste taller utilizaremos a programación orientada á creación de videoxogos (aínda que realmente os coñecementos adquiridos serven para todo tipo de aplicacións).

Contaremos con ferramentas para o deseño de xogos en dúas e tres dimensións, como SCRATCH, programa gratuíto do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts; SPLODER, tamén gratuíto, que funciona cunha programación totalmente gráfica; e KODU 3D, programa gratuíto de deseño de videoxogos en 3D, neste caso de Microsoft.

A programación é unha disciplina lúdica e educativa, versátil e creativa, que premia a investigación e coa que quen programa pode atopar os seus obxectivos ou metas.

A programación tamén nos lanza unha mensaxe moi positiva: non hai opcións malas, senón moitas e diferentes posibilidades. Queres pescudar cal é a túa?

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión