Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

BMMC Concerto 14 de outubro

Director convidado: Manuel Godoy

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/10/2018

Xa rematou

Horario:

12:15 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

Libre

Organiza:

Banda Municipal de Música da Coruña

Documentos:

Tríptico 14 de outubro (360 KB)

O director valenciano (Buñol 1968) acumula premios internacionais de Dirección de Orquestra en Francia, España, Italia e Portugal, e é convidado a dirixir importantes orquestras e bandas profesionais, como a Orquestra da Costa Atlántica de Portugal, Orquestra Sinfónica de Castelló, Orquestra de Valencia, Sinfónica de Córdoba, Sinfónica de Estremadura, Sinfónica da Rioxa, Nova Orquestra Nacional de España, Banda municipal de Palma de Mallorca, Banda municipal de Barcelona, Banda profesional do Conservatorio do Bruch en Barcelona, Orchestra d'harmonie da Police de París, Orquestra da Valldigna etc...

Colaborou como director interno de ópera coa Orquestra da Comunidade valenciana no Palau de les Arts Raíña Sofía de Valencia, participando en diferentes producións como: "Simón Boccanegra", "Aida", "Macbeth (Verdi), "L'elixir d'amoure" (Dounizetti), ou "Turandot" (Puccini), onde tamén colabora na gravación dun CD, no que é director titular Zubin Mehta.

Recibiu numerosos premios, entre os que destacan o concedido por Mans Unidas en composición escolar, Mención de Honra no curso internacional "The art of conducting" co mestre George Pehlivanian. Recibe unha bolsa por decisión dos mestres Joaquín Achúcarro e Bruno Aprea a través da Fundación Eutherpe en León, Primeiro Premio absoluto en concurso internacional de Dirección da Orquestra Ville d'Avray (París), Primeiro Premio absoluto concurso internacional de Dirección da orquestra en Portugal, Segundo Premio con Premio especial do público no Concurso Internacional de dirección en Córdoba (España), Premio especial do Xurado "Mestre Giancarlo Facchinetti" no Concurso internacional de música moderna e contemporánea en Brescia (Italia), ao mellor Director de obra "Historia dun soldado" de Stravinsky. Formou parte de diferentes xurados nacionais e internacionais como o Certame de música festeira de Elda e o Certame internacional de bandas en Altea (Alacante).

Formado musicalmente na Sociedade Musical Artística de Buñol (Valencia), onde durante sete anos realizou un importante labor pedagóxico coa súa Nova Orquestra, asiste a clases maxistrais de dirección cos prestixiosos mestres Bruno Aprea, George Pehlivanian, Eugene Corporon, Yaron Traub, Arturo Tamayo, Cervera Collado, García Asensio, Jorma Pamula e Henrie Adams.

Seleccionado para dirixir os concertos de clausura de diferentes cursos internacionais, como a Nova Orquestra de Galicia, a Orquestra Filarmónica de Ljubljana (Eslovenia) e a Orquestra da Universidade de Valencia. Colabora con prestixiosos solistas como o guitarrista Rubén Parello, a soprano Astrid Crone, os pianistas Josu de Solaun, Juan Valero e Anna Petrova. Estrea no Palau de Valencia por encargo do compositor Cesar Cano a obra "Ámbito de metal".

Profesor superior de clarinete polo Conservatorio de Valencia, obtén por oposición a praza de música no IES Gregori Maians de Oliva (Valencia). Este vínculo entre o mundo profesional e pedagóxico, permítelle colaborar en proxectos como "O reino de Nold" coa Orquestra de Córdoba e o solista Reynold Cárdenas, e "Pelleas e Melisande" coa Orquestra de Estremadura e a actriz Belén Otxotorena.

Foi director titular de diversas bandas valencianas: Camporrobles, Alborache, Montroy, Harmónica de San Antonio e Montserrat, coas que obtén numerosos premios nacionais e internacionais en Certames como Altea, Murcia, Valencia, Senia, Alginet etc.

Actualmente compaxina o seu labor docente coa Dirección da Orquestra Sinfónica de Tavernes da Valldigna (Valencia), a Banda Santa Cecilia de Ador (Valencia), o Grupo de metais e percusión de Buñol, así como director asociado da Orquestra de cámara Jean-Louis Petit, onde dirixiu en diferentes ocasións o réquiem de Mozart na Igrexa da Madeleine en París..

NOTAS AO PROGRAMA:

Jose Vicente Egea é titulado superior en Composición, Dirección de Coros e Orquestra no Conservatorio Superior de San Sebastián. Gradúase como "Special Student" en Dirección de Orquestra na Manhattan School of Music de Nova York. Na actualidade compaxina a actividade de profesor e director da Banda e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Navarra, director titular da Banda Municipal de Pamplona, compositor e director convidado de diferentes grupos e orquestras.

Ximo Tarín-Micó (1990), estuda clarinete na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e dirección de orquestra no Conservatori Superior do Liceu, en Barcelona. Actualmente cursa o Wind Band Conducting Master na Academy of Fine and Performing Arts de Tilburg (Holanda). Paralelamente desenvolveu a súa faceta como compositor. "A mort de Santa Cecília" é unha peza para banda que pretende transmitir os sentimentos de dor do autor en relación ao amor e a morte. A primeira parte da obra, escura, triste e convulsa, mostra a impotencia do ser humano enfrontándose en balde ás súas preocupacións máis transcendentais. A segunda parte é unha grande ascensión simbólica cara á paz interior e a aceptación persoal do pasado. A obra remata cun grande acorde de Mi Maior, tonalidade que representa a luminosidade e o supraterrenal.

Vicente Ortiz Gimeno estudou clarinete e composición no conservatorio superior de Castelló e é graduado en composición para audiovisuais polo Berklee College of Music de Boston. Actualmente compaxina a composición para cinema e TV, con créditos en máis de 50 proxectos e é profesor en Berklee.

"8 de Febrer" foi composta para celebrar o 25 aniversario de vodas dos pais do compositor e para ser obra obrigada na terceira sección dos certames provinciais da comunidade valenciana en 2012.

John Barnes Chance (1932-1972), compositor americano alumno de Clifton Williams. Traballou como timbaleiro da Austin Symphony Orchestra e como arranxista de bandas militares. Incatation and Dance foi a primeira obra publicada de John Barnes Chance e converteuse nunha das súas obras máis populares. Escribiuna mentres servía en escolas públicas de Carolina do Norte baixo unha subvención do Proxecto Novos Compositores da Fundación Ford. Componse de dúas seccións: "Incantation" é de melodía triste, chea de misterio, que evoluciona aos poucos ata "A danza", que comeza cun patrón rítmico complexo na percusión, e culmina nunha frenética danza.

Paul Hindemith (1895-1963), é un dos personaxes máis interesantes da música contemporánea do período de entreguerras. A finais de 1950, Hindemith recibiu o encargo por parte dunha das bandas militares do Exército dos Estados Unidos da Sinfonía en sib para banda, composición que hoxe figura como unha das grandes e máis difíciles pezas sinfónicas para estas agrupacións. A importancia desta sinfonía non reside únicamente na súa valía intrínseca, senón tamén o estímulo que exerceu á hora de achandar o camino para que se considerase as bandas de música como conxuntos dignos de repertorio de calidade..

PROGRAMA

1ª PARTE

Jose Vicente Egea Insa..................................................Pasodobre "El Camino"

Ximo Tarín Micó............................................"La mort de Santa Cecilia " Op.24

Vicente Ortíz Gimeno.....................................Fantasía para Banda "8 de Febrer. "

2ª PARTE

John Barnes Chance...................................................."Incantation and dance"

Paul Hindemith..................................................................Sinfonía en Si bemol

I. Moderately fast, with vigor

II. Andantino grazioso

III. Fuxa

VINDEIROS CONCERTOS:

DÍA 21 DE OUTUBRO CONCERTO EN FAMILIA NO TEATRO COLÓN ÁS 12.15 HORAS

DÍA 4 DE NOVEMBRO NO PALACIO DA ÓPERA ÁS 12.15 HORAS

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión