Coreografía: Johan IngerMúsica: Georges Bizet e Rodion Shchedrin
Para público en xeral
Dende o 22/11/2019 ata o 23/11/2019
Xa rematou
venres 22 novembro: 20.30 h
sábado 23 novembro: 20.00 h
1 h 30 min (ballet en dous actos)
Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
ÚNICAS DATAS EN GALICIA!
A Compañía Nacional de Danza preséntase por primeira vez na Coruña coa Orquestra Sinfónica de Galicia, que nesta ocasión estará dirixida por Manuel Coves.
45 bailaríns subirán ao escenario do Palacio da Ópera da Coruña baixo a coreografía de Johan Inger e cun vestiario deseñado por David Delfín.
A estrea absoluta de Carmen pola Compañía Nacional de Danza foi no Teatro da Zarzuela, Madrid (España), o próximo mes de novembro será a primeira vez que se poida ver en Galicia este espectáculo.
Cando Johan Inger recibiu o encargo da CND de montar unha nova versión de Carmen, sendo el sueco e Carmen unha obra cun marcado carácter español, atopouse ante un enorme reto, pero tamén unha grande oportunidade. A súa aproximación a este mito universal tería que achegar algo novo. Para iso, Inger decidiu centrarse no tema da violencia, aproximándose a ela a través dunha mirada pura e non contaminada... a dun neno. Partindo deste enfoque, Inger crea un personaxe, que propicia que sexamos testemuñas de todo o que pasa, a través dos seus ollos inocentes, á vez que contemplamos a súa propia transformación.
"Hai neste personaxe un certo misterio, podería ser un neno calquera, podería ser o Don José de neno, podería ser a moza Michaela, ou o fillo nonato de Carmen e José. Mesmo poderiamos ser nós, coa nosa primitiva bondade ferida por unha experiencia coa violencia que, aínda que breve, influíse negativamente nas nosas vidas e na nosa capacidade de relacionarnos cos demais para sempre."
Johan Inger
A miña Carmen
"A miña Carmen parte da historia orixinal de Mérimée, na cal José é o auténtico protagonista que, incapaz de soportar a liberdade da súa amada, inicia un descenso aos infernos, levado polos máis primitivos instintos do home: a paixón e a vinganza".
Johan Inger
VENDA DE ENTRADAS: ataquilla.com
27/09/2024
28/09/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024
01/10/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
04/10/2024
04/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible