Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla de Ana Romero Masiá: Un barrio que foi concello, Santa María de Oza

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/11/2024

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 25 de novembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto Memoria Emocional do barrio, unha charla de Ana Romero Masiá, baixo o título "Un barrio que foi concello, Santa María de Oza".

Ana Romero Masiá é licenciada en Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e máis tarde fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Durante os anos oitenta foi a arqueóloga encargada das escavacións do castro de Borneiro. Foi directora do Instituto Monte das Moas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión