De Sanchís Sinisterra
Para público en xeral
Dende o 31/01/2020 ata o 01/02/2020
Xa rematou
20.30 h
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados -20%; familias numerosas: -25%)
Sempre que se pensa en Ay, Carmela, pénsase nun espectáculo de ton político ou reivindicativo, ou simplemente nun espectáculo sobre a guerra civil vista desde os ollos dos perdedores. Lonxe de min e pretencioso sería o dicir que son visións equivocadas. Esa é a grandeza do teatro, que un texto pode ter moitas visións diferentes e seguro que todas achegan algo, enriquéceno. Pero no caso de nosa Carmela non é esa a nosa intención, queremos volver ao que cremos que son as orixes deste texto e que non é máis que a relación de dous pobres seres humanos (neste caso dous cómicos) nun contexto tan brutal como é unha guerra, onde a palabra xustiza vólvese xorda polo ruído das bombas.
Vemos Carmela como a historia de dous sobreviventes que o único que teñen para sobrevivir é necesitarse o un ao outro, e que mesmo estando un dos dous xa morto, esa dependencia faise máis notoria. E se algo reivindica Ay, Carmela cremos que é a idea de que os mortos non deben caer no esquecemento, que os mortos acaban de morrer cando deixamos de lembralos.
En definitiva Ay, Carmela é un canto á supervivencia, á dignidade do ser humano, un suspiro, unha dor encerrada nun "Ai", é unha historia contada desde os ollos de Paulino, un morto en vida que necesita aferrarse á idea de que a aparición de Carmela, unha morta que volve á vida, é real e que o espectáculo debe continuar sexa como sexa.
O noso desexo é poder sumar algo novo que dicir a un texto que de seu é dunha beleza e unha grandeza que o converteu nun clásico da nosa dramaturxia contemporánea.
...Escoitemos pois que teñen que dicirnos Carmela e Paulino...
Con Cristina Medina e Santiago Molero
Dirección: Fernando Soto
De LaMedinaEs e Producciones Come y Calla, SL
*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
27/09/2024
28/09/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024
01/10/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
04/10/2024
04/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible