De Claudia Victoria Poblete Hlaczik, Carles F. Giua e Eugenio Szwarcer, baixo a dirección de Carles Fernández Giua.
Para público en xeral
Dende o 29/03/2019 ata o 30/03/2019
Xa rematou
20.30 h
85 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo.
As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.
Claudia Vitoria Poblete Hlaczik vive en Buenos Aires, traballa como enxeñeira de sistemas e é afeccionada á ciencia ficción. Claudia vive, aparentemente, unha vida 'normal'. Pero, baixo esta aparencia, escóndese un percorrido moi pouco común. Esta muller nova, foi educada nos valores da contorna militar e, con 21 anos, descubriu que era filla de desaparecidos e que vivira unha vida inventada cunha familia que, en realidade, non era a súa. O seu caso marcou un punto de inflexión en Arxentina, xa que supuxo o principio da fin da impunidade dos mandos militares.
A experiencia vital de Claudia -comunicada por ela mesma- é a materia prima deste novo documental escénico que presenta La Conquesta del Pol Sud.
Interésalles explorar as relacións entre o individual e o colectivo. Como se interrelacionan as vidas singulares e a historia? De que maneira a experiencia dalgúns ten que ver con todos nós? Que sentido teñen, no mundo actual, palabras como revolución, memoria e educación?
Con Claudia Victoria Poblete Hlaczik, Carles F. Giua i Eugenio Szwarcer
Dirección: Carles Fernández Giua
Compañía: La Conquesta del Pol Sud
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
27/09/2024
28/09/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024
01/10/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
04/10/2024
04/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible